29 de mar. de 2010

Asamblea Extraordinaria

Convócase Asamblea Extraordinaria da Asociación Cultural A Feira para o próximo 10 de Abril de 2010 no salón de actos do centro, ás 21:30 en primeira convocatoria e ás 22:00 en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:

  • Elección de PRESIDENTE, por dimisión do presidente actual.
  • Ampliación e mantemento da rede WIFI.

 Dada a importancia dos temas a tratar, prégase a asistencia de tódolos socios.

16 de mar. de 2010

VENRES 19 DE MARZO (DÍA DO PAI)

Convidamos a tódolos pais socios, a pasar unha tarde de lecer
apartir das 16.30 h. na Asociación cultural.
Entregarase un agasallo a cada pai.

A directiva 2010

9 de mar. de 2010

Fin do prazo para pagar o recibo de socio


¡RECORDA!
O próximo 31 de marzo remata o prazo para pagar o recibo de socio correspondente ó ano 2010.
As aportacións dos socios son imprescindibles para que a asociación poida levar a cabo tódalas actividades programadas ó longo do ano.
Aqueles socios que non paguen o seu recibo antes de dita data terán que afrontar un recargo do 20% no prezo.