17 de xul. de 2011

Campionato de Volei-Praia mixto


Xa chegou a edición deste ano do campionato de verán de volei praia.
Este ano o campionato comenzará o 26 de xullo. Os partidos xogaranse de luns a venres
  • Os equipos deben ser mixtos cun mínimo de 5 e un máximo de 8 integrantes.
  • Tódolos xogadores deben cumplir unha das seguintes condicións:
    • Ser socio/a
    • Ser fillo/a de socio/a e ter entre 12 e 18 anos
  • Os equipos teñen que apuntarse na lista que está no taboleiro de anuncios da asociación ata o día 21 de Xullo.
  •  Non se aprazarán partidos
O día 21 de xullo realizarase o sorteo de partidos e publicarase o calendario dos mesmos.

5 de xul. de 2011

Comida do socio


Un ano máis chega o momento de celebrar a unión de tódolos habitantes do barrio mediante a tradicional festa do socio.

Data e lugar: domingo 10 de xullo nos agoeiros.

ACTIVIDADES:

11:00  parva: augardente con figos para todos os maiores de idade presentes
12:00  partido de fútbol entre solteiros/as e casados/as.
14:00  comida
17:00   xogos tradicionais: chave, corda, carreira de sacos, pincha…



MENÚ:
  • carne ó caldeiro
  • pan
  • viño
  • café
  • postre.

PREZOS:

socios, e fillos de socios de 14 a 18 anos 8 euros
fillos de socios de 10 a 14 anos 4 euros
fillos de socios menores de 10 anos  gratis
non socios maiores de 14 anos    16 euros
non socios menores de 14 anos 8 euros

prazo de inscripción: ata o 6 de xullo na a.c. a feira.

condicións:
  • ter o recibo de socio ó corrente.
  • cada comesal debe traer os platos, vasos, tenedores, etc.               
Actuará o grupo folklórico "OS DE SEMPRE"
    pagar no momento de anotarse