10 de xan. de 2013

Asamblea xeral Ordinaria


Convócase a tódolos socios á ASAMBLEA XERAL ORDINARIA que se celebrará no salón de actos do centro cultural o día Sábado 26 de xaneiro de 2013 ás 21:00 en primeira convocatoria e ás 21:30 h en 2ª convocatoria coa seguinte orde do día:
  • Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  • Estado de obras actuais.
  • Estado de contas.
  • Obras realizadas e proxectos a realizar.
  • Cambio de directiva: saída e elección de Secretario/a e 3 Vocais.
  • Rogos e Preguntas.

3 de xan. de 2013

Festa de Reis


O próximo 5 de Xaneiro terá lugar a tradicional cabalgata de reis no recinto da A.C. A Feira, chegando as súas maxestades ás 7 da tarde.

Posteriormente os reis magos visitarán o belén vivinte e escoitarán as peticións de regalos de tódolos nenos do barrio.

Para finalizar haberá unha actuación sorpresa protagonizada polos nenos do barrio.