Estimado socio/a,
Dende a Xunta Directiva da Asociación Cultural A Feira queremos informar dun cambio no procedemento de cobro das cotas debido ó incremento substancial das comisións bancarias que se ven producindo últimamente.
Agradeceríamos que, si che resulta posible, pases pola oficina da asociación para aboar o recibo en man. Este pequeno xesto axudaranos a reducir os custos administrativos e a garantir unha mellor xestión dos recursos da nosa entidade.
Non fai falta dar a domiciliación de baixa nin facer ningún outro trámite, xa que o banco solo cobra os recibos que nós lle indicamos. Se non pasas a abonar o recibo antes do 31 de marzo na oficina, procederemos a mandalo ó banco como viña sendo habitual, pero a asociación terá que pagar a comisión bancaria asociada ó trámite.
Esperamos que esta medida teña unha boa acollida e solo haxa que enviar ó banco os cobros dos socios que realmente non poden acudir presencialmente ou mandar un familiar a facer o pago.
Agradecemos a túa comprensión e colaboración. Para calquera dúbida ou consulta, non dubides en poñerte en contacto con calquera membro da directiva personalmente ou a través do whatsap.
Atentamente,
A Directiva
29 de xan. de 2025
COMUNICADO PARA OS SOCIOS CO RECIBO DOMICILADO
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)