29 de out. de 2010

Ciclo Cultural 2010


Un ano máis, e con moito esforzo, a directiva da Asociación Cultural A Feira ten o orgullo de presentar o tradicional ciclo cultural, que este ano chega xa á sua edición número 41.

Trátase dun programa variado con actividades para tódolos públicos, que cubren un amplio abano de idades. Unha porta aberta á participación na vida social do barrio e unha invitación a saír da casa e pasar uns intres entre veciños para disfrutar das tardes de inverno.



A continuación o programa de actos.  
Tamén podes consultar o noso calendario en https://www.google.com/calendar/embed?src=acafeira@gmail.com

Este ano contamos durante todo o ciclo cultural con unha exposición permanente de esculturas realizadas con raíces por José Blanco.

Coma tódolos anos haberá campionatos de truco, tute, subasta, escoba, ping-pong, birisca, etc. Para participar nestes torneos hai que apuntarse no taboleiro de anuncios do centro cultural antes do 28 de outubro ás 10 da noite, porque ás 23:00 realizaranse os sorteos de partidas.

25 de out. de 2010

Lotería de Nadal


Se queres compartir con nós a ilusión do nadal, xa podes comprar a nosa lotería.
O número deste ano é o 75.879 e as participacións son de 5 €.
Podes comprala na cantina do centro cultural ou falando con algún membro da directiva.

¡ Anímate, que este ano seguro que toca !

23 de out. de 2010

Inicio do Curso de bailes de salón

Xa empezou o curso de bailes de salón.

As clases son os martes de 22:30 a 24:00

Aínda estás a tempo de apuntarte na lista que hai no tablón de anuncios do centro cultural

3 de out. de 2010

Inicio das Clases de baile galego para nenos


Como comentábamos anteriormente, vanse levar a cabo clases de baile galego e pandeireta para nenos.

Para poder asistir é necesario ter máis de catro anos.


As clases serán os xoves de 19:00 a 20:00 e empezarán o próximo 4 de Novembro.


Os pais dos interesados poden apuntalos na lista que hai colgada do taboleiro de anuncios do centro cultural.