Amosando publicacións coa etiqueta baile. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta baile. Amosar todas as publicacións

9 de xuño de 2012

Clases de gaita e baile galego


Imos tentar levar a cabo no centro cultural clases de gaita e baile galego, sempre que se xunte o número mínimo de persoas necesarias para levar a cabo ditas actividaes.


Clases de Baile:
  • Mínimo 16 persoas
  • 1 clase á semana, día a determinar
  • Prezo aproximado: 10€/mes por persoa

Clases de Gaita:
  • Mínimo 10 persoas
  • 1 clase á semana, día a determinar
  • Prezo aproximado: 10€/mes por persoa
Inscrición no tabloleiro de anuncios do centro cultural ata o día 30 de xuño

23 de out. de 2010

Inicio do Curso de bailes de salón

Xa empezou o curso de bailes de salón.

As clases son os martes de 22:30 a 24:00

Aínda estás a tempo de apuntarte na lista que hai no tablón de anuncios do centro cultural

3 de out. de 2010

Inicio das Clases de baile galego para nenos


Como comentábamos anteriormente, vanse levar a cabo clases de baile galego e pandeireta para nenos.

Para poder asistir é necesario ter máis de catro anos.


As clases serán os xoves de 19:00 a 20:00 e empezarán o próximo 4 de Novembro.


Os pais dos interesados poden apuntalos na lista que hai colgada do taboleiro de anuncios do centro cultural.

28 de set. de 2010

Clases de Bailes de Salón


Despois do éxito das edicións anteriores, volve unha nova edición das clases de bailes de salón.

Todos aqueles interesados en asistir poden apuntarse na lista que hai no tabloleiro de anuncios do Centro Cultural.

4 de xul. de 2010

Clases de baile galego para nenos


A asociación abre un prazo para que se anoten os nenos/as interesados en asistir a clases de baile tradicional galego.

Para impartir as clases precísase dun mínimo de asistentes. Según o número de apuntados informaremos ós interesados para dar máis detalles.

Para apuntarse: poñerse en contacto coa directiva.