Deste xeito recollía onte o Faro de Vigo a participación do Noso Rancho no VI Encontro Internacional de Rituais Ancestrais de Bemposta( Portugal).
Deixamos por aquí o enlace e o inicio da noticia para quen lle preste a información.
O Rancho da Feira leva Salceda a Bemposta
https://www.farodevigo.es/bisbarras/2026/04/25/o-rancho-da-feira-leva-129495204.html

Actuación do Rancho de Entroido da Feira en Bemposta. | // D.P.
[Salceda de Caselas]
O pasado sábado 18 de abril, as rúas de Bemposta convertéronse nun escenario único e irrepetible. Máscaras ancestrais, figuras míticas, cencerros, danzas, música e rituais que atravesan xeracións e fronteiras tomaron o control dunha vila que, por unhas horas, viviu mergullada nun tempo case esquecido. No medio desa marea de tradición viva, o Rancho de Entroido da Feira, pertencente á Asociación Cultural A Feira de Salceda, portou con orgullo as cores e os ritmos da súa terra nun dos encontros de rituais ancestrais máis impresionantes da Península Ibérica.