28 de feb. de 2011
Xa ven o carnaval
O domingo 27 de Febreiro xa se subiu a bandeira ó carballo do torreiro de festas da FEIRA, así que, oficialmente, estamos en vésperas do Carnaval.
O ambiente cheira a festa, a mimosas, a orellas de carnaval e a rivalidade ancestral entre rivais.
Xa veremos quen é o mellor, prepárate Castriño...
19 de feb. de 2011
Calendario de Actividades 2011
Coma tódolos anos, adiantamosvos o calendario previsto de actividades para o ano 2011.
Estas datas son provisionais e poden sufrir cambios por imprevistos de última hora.
Estas datas son provisionais e poden sufrir cambios por imprevistos de última hora.
data | actividade |
---|---|
7 de Marzo | ENTROIDO: Concursos de disfraces para nenos e adultos |
19 de Marzo | Día do Pai: xogo de chave e petanca |
16 de Abril | Sendeirismo |
1 de Maio | Día da Nai: xogos varios |
23 de Xuño | Fogueira e Sardiñada de San Xoán |
10 de Xullo | Día do socio |
23,24,25 de Xullo | Excursión xuvenil |
Xullo e Agosto | Campionato de volei-praia |
Setembro | Excursión para maiores (de 18 anos) |
5 de Outubro | Comida para socios maiores de 50 anos |
5 de Novembro a 26 de Novembro | Ciclo cultural 2011 |
14 de feb. de 2011
Pago Recibo Wifi
A directiva recórdavos que segundo o acordado en asamblea xeral, o prazo para pagar o recibo da wifi remata o próximo 31 de Marzo.
5 de feb. de 2011
Asamblea Extraordinaria
Convócase unha Asamblea Xeral Extraordinaria o próximo sábado 12 de Febreiro de 2011 ás 21:30 en primeira convocatoria e ás 22:00 en segunda, para tratar a seguinte
ORDE DO DÍA:
- Aclaración de dudas e solución de problemas da rede WIFI
- Rogos e preguntas
2 de feb. de 2011
Paga o teu recibo, socio.
Recordámosvos que están ó cobro os recibos correspondentes ó ano 2011.
O próximo 31 de marzo remata o prazo para pagalo e aqueles socios que non paguen o seu recibo antes de dita data terán que afrontar un recargo do 20% no prezo.
Lembra que as aportacións dos socios son imprescindibles para que a asociación poida levar a cabo tódalas actividades programadas ó longo do ano, que son moitas.
Se eres estudiante, recorda que hai unha tarifa especial reducida. ¡ Non tes escusa para non colaborar !
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)