Amosando publicacións coa etiqueta wifi b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta wifi b>. Amosar todas as publicacións
4 de mar. de 2013
Melloras na rede Wifi
Xa está operativa a nova antena da rede Wifi na zona baixa da Paxariña para mellorar os problemas de conexión que había nesta zona.
É posible que algunhas zonas doutros barrios, dependendo da ubicación, teñan mellor cobertura con esta nova antena.
14 de feb. de 2011
Pago Recibo Wifi
A directiva recórdavos que segundo o acordado en asamblea xeral, o prazo para pagar o recibo da wifi remata o próximo 31 de Marzo.
5 de feb. de 2011
Asamblea Extraordinaria
Convócase unha Asamblea Xeral Extraordinaria o próximo sábado 12 de Febreiro de 2011 ás 21:30 en primeira convocatoria e ás 22:00 en segunda, para tratar a seguinte
ORDE DO DÍA:
- Aclaración de dudas e solución de problemas da rede WIFI
- Rogos e preguntas
7 de feb. de 2009
Aviso Usuarios/as Wifi
Aviso
A Directiva da A.C. A FEIRA, comunícalle ós usuarios/as da Wifi que o prazo para efectuar o pago do recibo correspondente ó ano 2009, remata o vindeiro día 31 de Marzo.
COTA ANUAL 30 €
Sen outro particular, reciba un cordial saúdo da Directiva da A.C. A FEIRA.
DIRECTIVA 2009
14 de abr. de 2008
Amliada a rede Wifi
Xa se puxeron en marcha as dúas antenas que estaban pendentes de instalar. Finalmente as ubicacións elixidas foron Noveleira e Paxariña.
Proximamente instalarase outra antena nas Veiguiñas para mellorar a cobertura da rede.
Proximamente instalarase outra antena nas Veiguiñas para mellorar a cobertura da rede.
13 de mar. de 2008
Wifi en marcha
Xa está instalado o servidor e a primeira antena da wifi. Esta primeira antena está no centro cultural.
De momento está todo en probas.
A seguinte fase vai ser facer medicións de alcance e buscar a mellor ubicación para as outras dúas antenas das que xa dispoñemos. De este modo ampliarase a cobertura ó maior alcance posible.
De momento está todo en probas.
A seguinte fase vai ser facer medicións de alcance e buscar a mellor ubicación para as outras dúas antenas das que xa dispoñemos. De este modo ampliarase a cobertura ó maior alcance posible.
19 de dec. de 2007
Rede Wifi

A Asociación vai poñer en marcha unha rede wifi en todo o barrio para que os veciños se poidan conectar ó ordenador do centro cultural e poidan consultar o arquivo fotográfico.
Os usuarios pagarán unha pequena cuota anual en concepto de mantemento da rede.
Os interesados neste proxecto poden apuntarse no taboleiro de anuncios do centro, ou ben mandar un correo electrónico a acafeira(a)gmail.com
O Venres 28 de decembro ás 21:00 h. teremos unha reunión cos interesados/as para debatir as condicións de uso.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
