O próximo sábado 30 de Abril imos realizar a ruta de sendeirismo de Pena Corneira, no concello de Leiro, pertencente ás terras da baixa Limia, na provincia de Ourense.
Non hai que levar comida porque, coma sempre, tanto o almorzo coma o xantar corren a cargo da directiva.
A saída será ás 8 da mañá do centro cultural.
Recorda que o prazo para anotarse remata o 24 de Abril (Domingo de Pascua) e hai que pagar ó anotarse. Só podemos levar un autobús, así que cando se acaben as prazas non se admitirán máis inscricións.
Prezos:
- Socio: 10 € (hai que ter o recibo de 2011 pagado)
- Fillo de socio de 15 a 18 anos: 5 €
- Fillo de socio de ata 14 anos: gratis
- Non socio: 15 €
- Fillo de socio maior de 18 anos non socio: 15 €
Información sobre a ruta:
Partimos do Paseo Fluvial de Leiro, xunto a pasarela, para ascender ata Lebosende polo chamado Camiño Real compartido co PR-G 76.
En Paredes atopase a área etnográfica “Regato do Foxo” formada por 6 muiños e 30 hórreos. Dende eiquí, unha opción posible é acercarse a igrexa románica de San Tomé de Serantes do S. XII, unha das máis interesantes de toda Galiza.
Un singular paisaxe de vexetación autóctona conduce ata a área recreativa de Pena Corneira cos espectaculares “cornos” de granito que dan nome a esta formación e coa recoleta igrexa románica de Lamas. Dende eiquí, dúas derivacions acercanse ata a propia Pena Corneira e ao Mirador do Outeiral, ambos a máis de 600 m de altitude e con excelentes vistas sobre a comarca.
Lonxitude
A ruta principal ten 8,7 km. As derivacións alcanzan os 2,2 km entre ida e volta.
Puntos partida /chegada
Leiro / Parque Forestal de Pena Corneira.
Recorrido
Leiro, Lebosende, Paredes, Valboa e área recreativa de Pena Corneira.
Dificultade
Fácil.
Duración
Media. Depende do sentido no que se queira facer. De Leiro a Pena Corneira é ascendente polo que o sentido contrario simplifica a ruta bastante.
Conexions
Co PR-G 76.
Material
Calzado apropiado. A cantimplora é sempre recomendable, inda que neste caso existen varias fontes ao largo do itinerario.
Servicios
En Leiro.
M.I.D.E
Medio | ||||||
Itinerario | ||||||
Desprazamento | ||||||
Esforzo |