Amosando publicacións coa etiqueta sendeirismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta sendeirismo. Amosar todas as publicacións

25 de abr. de 2014

Sendeirismo Cangas


O próximo DOMINGO 11 de Maio  faremos unha ruta de sendeirismo por CANGAS DO MORRAZO


Sairemos ás 8:30 do centro cultural, con traslado en autobús

 O prazo de inscrición remata o domingo 24 de ABRIL

PREZOS:
Socios co recibo de 2016 pagado            10 €
Fillos de socios menores de 14 anos       5 €
Non socios                                             20 €
Non socios menores de 14 anos            15 €

O prezo inclúe almorzo ( auga e bocadillo) e xantar en restaurante.

Importante levar protección solar e gorra.

A ruta consta  de aproximadamente 9 km de dificultade media-alta
con posibilidade de facer un tramo sinxelo para persoas maiores, carros...







17 de ago. de 2013

Ano 2003: a excursión a Somiedo

Parece que foi onte, pero pasaron xa 10 anos desde unha mítica excursión da asociación xuvenil a terras asturianas, en xullo de 2003.

Era un  experimento que a asociación xuvenil non fixera nunca: xuntar un grupo de mozos e ir de excursión durante unha fin de semana enteira. Destino: a montaña asturiana.
Pero había poucos cartos, así que a solución pasaba por 2 novidades: transporte en coches particulares e durmida en albergue.
¿Funcionou o experimento? Pois calquera dos que estivemos alí pódevos confirmar que si. Foi unha agradable experiencia de convivencia coa natureza, reencontro co folklore e práctica deportiva, a base de rappel e sendeirismo extremo (malditos 100 metros).

E como mostra do bo ambiente e agradables momentos vividos nese intercambio de culturas galaico-astures van unhas cantas fotos para que a nostalxia nos recorde o agradable que resulta compartir momentos de lecer entre amigos.


Unha paradiña pa almorzar


 
Cuidado, Obstáculos na calzada

Chegada ó albergue de Saliencia



Deporte extremo: rappel en fachada de albergue





OS DE SEMPRE en plena actuación


Para rematar ben o día: queimada galega

Os famosos 100 metros.

O segundo día foi o día do sendeirismo polos lagos de Saliencia. Xa íbamos cansados de todo un día de camiñata cando o guía nos propuxo que, se subiamos un pouco máis montaña arriba, poderíamos contemplar unhas bonitas paisaxes. ¿E queda moi lonxe? - A cien metros.
Media hora despois... ¿falta moito? - Unos cien metros por terreno llano.
Logo dunha intensa camiñada na que houbo que parar a descansar varias veces, por unha subida de que me leve Zeus se non parecemos cabras ... ¿Pero aínda está moi lonxe? - No, quedan unos cien metros.
Despois de recorrer MOITOS tramos de 100 metros subindo pendentes porriba das pedras, ó fin de tanto esforzo, unha paixase que fai que todo ese esforzo pague a pena: Lago del Valle, e ó lado o pobo, chamado Valle del Lago.

Aínda hoxe, ó carón do lume da estufa do teleclúb, nas noites de treboada no inverno, se escoitan lendas e historias sobre aquela viaxe que un grupo de mozos intrépidos realizaron naquela lonxana época na que aínda non sabiamos pronunciar a palabra crise. ¿Seremos quen de repetir algún dia aquela aventura?


Ruta de sendeirismo polos lagos de Saliencia











A recuperar forzas despois da camiñata

Pero....  ¿QUE....?

O cociñeiro que fritía as patatas en grasa

¿Que peza tocamos?   A DE SEMPRE












27 de abr. de 2013

Sendeirismo a Castro Caldelas



O próximo DOMINGO 12 de Maio  faremos unha ruta de sendeirismo por Castro Caldelas (Ourense)

Sairemos ás 8:30 do centro cultural, con traslado en autobús

O prezo inclúe almorzo e comida en restaurante.

 O prazo de inscrición remata o domingo 5 de maio

AS PRAZAS SON LIMITADAS Ó NÚMERO DE ASIENTOS DO AUTOBÚS

PREZOS:

Socios (hai que ter o recibo de 2013 pagado)  8 €
Fillos de socios menores de 14 anos                5 €
Non socios                                                    18 €
Non socios menores de 14 anos                    15 €

24 de out. de 2012

Ciclo Cultural 2012


Parece que xa chega o frío, así que imos entrando na época de darlle uso á nova calefacción do centro cultural participando nas numerosos actos, actividades e actuacións que terán lugar na 43 edición do noso xa lexendario CICLO CULTURAL.

Este ano teremos durante todo o ciclo cultural a 3ª edición da exposición de figuras de raíces realizadas por José Blanco.
A programación de actos é a seguinte:


DATA HORA ACTIVIDADE
SÁBADO 3 NOVEMBRO 16:00  Saída ó monte na procura de productos típicos de outono (castañas, noces, cogumelos) acompañados por unha micóloga da zona
21:00  Magosto e degustación de productos típicos de outono
DOMINGO 4 NOVEMBRO 9:30  Marcha ciclista polas rúas do barrio, con sorte de agasallos entre os participantes
VENRES 9 NOVEMBRO 22:00  Charla e cata-degustación de viños
SÁBADO 10 NOVEMBRO 22:00  Banda de música xuvenil de Salceda
DOMINGO 11 NOVEMBRO 16:30  Día do neno.
Xogos tradicionais, concursos de debuxo e redacción. Hinchables.
VENRES 16 NOVEMBRO 22:00  Proxección de fotos e vídeos das actividades realizadas ó longo do ano
SÁBADO 17 NOVEMBRO 22:00  Grupo de teatro de Rebordáns
Obra: OVELLAS NEGRAS
DOMINGO 18 NOVEMBRO 9:30  Sendeirismo dende o centro cultural pola senda do río Caselas, con parada para almorzar.
VENRES 23 NOVEMBRO 21:30  En busca do tesouro. Para maiores de 16 anos.
Para participar apuntarse en grupos de 4 a 6 participantes antes do día 21
SÁBADO 24 NOVEMBRO 21:00 Concurso de viños, doces e tortillas
21:30 Entrega de premios e trofeos das distintas actividades e camionatos realizados durante o ciclo cultural
22:00 Teatro a cargo dos nenos da Feira
OBRAS: A LOUCURA DE NICANOR

VERANEANDO EN SANXENXO


Vista aérea da Feira no ano 2005 - Arquivo Fotográfico A.C. A Feira



16 de abr. de 2012

Sendeirismo Melide-Arzúa


Ruta: Melide-Arzúa (Provincia de A Coruña)
Data: Domingo 29 de Abril
Saída: ás 8:00 do centro cultural

O almorzo e o xantar van a cargo da asociación cultural

O prazo de inscripción remata o 22 de Abril.
Hai límite de prazas. Ó completar as prazas do autobús non se admitirán máis inscripcións.

PAGAR Ó ANOTARSE

Prezos:

Socios (con recibo de 2012 pago)10 €
Fillos de socios de 15 a 18 anos5 €
Fillos de socios ata 14 anosGRATIS
Fillos de socios maiores de 18 anos non socios15 €
non socios15 €



24 de maio de 2011

Fotos do sendeirismo a Pena Corneira (Leiro)

Algunhas fotos do sendeirismo desde ano a Leiro (Ourense)


Para ver tódalas fotos, pincha sobre esta:
2011-Sendeirismo a Leiro

16 de abr. de 2011

Sendeirismo a Leiro, Ourense


O próximo sábado 30 de Abril imos realizar a ruta de sendeirismo de Pena Corneira, no concello de Leiro, pertencente ás terras da baixa Limia, na provincia de Ourense.

Non hai que levar comida porque, coma sempre, tanto o almorzo coma o xantar corren a cargo da directiva.

A saída será ás 8 da mañá do centro cultural.

Recorda que o prazo para anotarse remata o 24 de Abril (Domingo de Pascua) e hai que pagar ó anotarse. Só podemos levar un autobús, así que cando se acaben as prazas non se admitirán máis inscricións.

Prezos:
  • Socio: 10 € (hai que ter o recibo de 2011 pagado)
  • Fillo de socio de 15 a 18 anos: 5 €
  • Fillo de socio de ata 14 anos: gratis
  • Non socio: 15 €
  • Fillo de socio maior de 18 anos non socio: 15 €

Información sobre a ruta:

Arquitectura tradicional / etnografía e naturalista
Partimos do Paseo Fluvial de Leiro, xunto a pasarela, para ascender ata Lebosende polo chamado Camiño Real compartido co PR-G 76.
En Paredes atopase a área etnográfica “Regato do Foxo” formada por 6 muiños e 30 hórreos. Dende eiquí, unha opción posible é acercarse a igrexa románica de San Tomé de Serantes do S. XII, unha das máis interesantes de toda Galiza.

Un singular paisaxe de vexetación autóctona conduce ata a área recreativa de Pena Corneira cos espectaculares “cornos” de granito que dan nome a esta formación e coa recoleta igrexa románica de Lamas. Dende eiquí, dúas derivacions acercanse ata a propia Pena Corneira e ao Mirador do Outeiral, ambos a máis de 600 m de altitude e con excelentes vistas sobre a comarca.

Lonxitude
A ruta principal ten 8,7 km. As derivacións alcanzan os 2,2 km entre ida e volta.
Puntos partida /chegada
Leiro / Parque Forestal de Pena Corneira.
Recorrido
Leiro, Lebosende, Paredes, Valboa e área recreativa de Pena Corneira.
Dificultade
Fácil.
Duración
Media. Depende do sentido no que se queira facer. De Leiro a Pena Corneira é ascendente polo que o sentido contrario simplifica a ruta bastante.
Conexions
Co PR-G 76.
Material
Calzado apropiado. A cantimplora é sempre recomendable, inda que neste caso existen varias fontes ao largo do itinerario.
Servicios
En Leiro.
M.I.D.E
Medio Medio
Itinerario Itinerario
Desplazamiento Desprazamento
Esfuerzo Esforzo