Parece que xa chega o frío, así que imos entrando na época de darlle uso á nova calefacción do centro cultural participando nas numerosos actos, actividades e actuacións que terán lugar na 43 edición do noso xa lexendario CICLO CULTURAL.
Este ano teremos durante todo o ciclo cultural a 3ª edición da exposición de figuras de raíces realizadas por José Blanco.
A programación de actos é a seguinte:
DATA | HORA | ACTIVIDADE |
SÁBADO 3 NOVEMBRO | 16:00 | Saída ó monte na procura de productos típicos de outono (castañas, noces, cogumelos) acompañados por unha micóloga da zona |
21:00 | Magosto e degustación de productos típicos de outono | |
DOMINGO 4 NOVEMBRO | 9:30 | Marcha ciclista polas rúas do barrio, con sorte de agasallos entre os participantes |
VENRES 9 NOVEMBRO | 22:00 | Charla e cata-degustación de viños |
SÁBADO 10 NOVEMBRO | 22:00 | Banda de música xuvenil de Salceda |
DOMINGO 11 NOVEMBRO | 16:30 | Día do neno. Xogos tradicionais, concursos de debuxo e redacción. Hinchables. |
VENRES 16 NOVEMBRO | 22:00 | Proxección de fotos e vídeos das actividades realizadas ó longo do ano |
SÁBADO 17 NOVEMBRO | 22:00 | Grupo de teatro de Rebordáns Obra: OVELLAS NEGRAS |
DOMINGO 18 NOVEMBRO | 9:30 | Sendeirismo dende o centro cultural pola senda do río Caselas, con parada para almorzar. |
VENRES 23 NOVEMBRO | 21:30 | En busca do tesouro. Para maiores de 16 anos. Para participar apuntarse en grupos de 4 a 6 participantes antes do día 21 |
SÁBADO 24 NOVEMBRO | 21:00 | Concurso de viños, doces e tortillas |
21:30 | Entrega de premios e trofeos das distintas actividades e camionatos realizados durante o ciclo cultural | |
22:00 | Teatro a cargo dos nenos da Feira OBRAS: A LOUCURA DE NICANOR VERANEANDO EN SANXENXO |
Vista aérea da Feira no ano 2005 - Arquivo Fotográfico A.C. A Feira |