Amosando publicacións coa etiqueta asoc. xuvenil. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta asoc. xuvenil. Amosar todas as publicacións

17 de ago. de 2013

Ano 2003: a excursión a Somiedo

Parece que foi onte, pero pasaron xa 10 anos desde unha mítica excursión da asociación xuvenil a terras asturianas, en xullo de 2003.

Era un  experimento que a asociación xuvenil non fixera nunca: xuntar un grupo de mozos e ir de excursión durante unha fin de semana enteira. Destino: a montaña asturiana.
Pero había poucos cartos, así que a solución pasaba por 2 novidades: transporte en coches particulares e durmida en albergue.
¿Funcionou o experimento? Pois calquera dos que estivemos alí pódevos confirmar que si. Foi unha agradable experiencia de convivencia coa natureza, reencontro co folklore e práctica deportiva, a base de rappel e sendeirismo extremo (malditos 100 metros).

E como mostra do bo ambiente e agradables momentos vividos nese intercambio de culturas galaico-astures van unhas cantas fotos para que a nostalxia nos recorde o agradable que resulta compartir momentos de lecer entre amigos.


Unha paradiña pa almorzar


 
Cuidado, Obstáculos na calzada

Chegada ó albergue de Saliencia



Deporte extremo: rappel en fachada de albergue





OS DE SEMPRE en plena actuación


Para rematar ben o día: queimada galega

Os famosos 100 metros.

O segundo día foi o día do sendeirismo polos lagos de Saliencia. Xa íbamos cansados de todo un día de camiñata cando o guía nos propuxo que, se subiamos un pouco máis montaña arriba, poderíamos contemplar unhas bonitas paisaxes. ¿E queda moi lonxe? - A cien metros.
Media hora despois... ¿falta moito? - Unos cien metros por terreno llano.
Logo dunha intensa camiñada na que houbo que parar a descansar varias veces, por unha subida de que me leve Zeus se non parecemos cabras ... ¿Pero aínda está moi lonxe? - No, quedan unos cien metros.
Despois de recorrer MOITOS tramos de 100 metros subindo pendentes porriba das pedras, ó fin de tanto esforzo, unha paixase que fai que todo ese esforzo pague a pena: Lago del Valle, e ó lado o pobo, chamado Valle del Lago.

Aínda hoxe, ó carón do lume da estufa do teleclúb, nas noites de treboada no inverno, se escoitan lendas e historias sobre aquela viaxe que un grupo de mozos intrépidos realizaron naquela lonxana época na que aínda non sabiamos pronunciar a palabra crise. ¿Seremos quen de repetir algún dia aquela aventura?


Ruta de sendeirismo polos lagos de Saliencia











A recuperar forzas despois da camiñata

Pero....  ¿QUE....?

O cociñeiro que fritía as patatas en grasa

¿Que peza tocamos?   A DE SEMPRE












30 de set. de 2011

2ª Festa do Corzo


Despois do grande éxito do ano pasado, volvemos a ter unha nova edición da festa gastronómica do corzo.

LUGAR: Torreiro de festas da Concepción, Salceda
DATA: 9 de Outubro, a partir das 10 da mañán

O menú inclúe corzo con guarnición, pan e viño.

E se chove, podes vir igual, que imos ter CARPA.

31 de out. de 2009

Excursión Asociación Xuvenil



A Asociación Xuvenil organiza, os próximos días 5, 6 e 7 de decembro, unha excursión
ó parque Pena Aventura en Portugal para maiores de 18 anos.

PREZOS POR PERSOA:
SOCIOS 90 €
NON SOCIOS 130 €

O PREZO INCLÚE:
  • ALOXAMENTO
  • CENA DO SÁBADO
  • PENSIÓN COMPLETA DO DOMINGO
  • DESAIUNO E COMIDA DO LUNS
  • ACTIVIDADES: FANTASTICABLE E PAINTBAL


RESUMO APROXIMADO DA VIAXE:

  • Sábado 5: Saída da Feira ás 9:30 con parada para comer e visitar Braga.
  • Domingo 6: actividades no parque. baixada en fantasticable e torneo de paintball
  • Luns 7: Desaiuno, tempo libre, comida e regreso á Feira.
INSCRICIÓN ATA O 15 DE NOVEMBRO MINIMO PARA REALIZAR A EXCURSIÓN 20 PERSOAS

Esta excursión, como é habitual, realizarase con coches particulares, aportando a asociación unha axuda para combustible ós conductores.

Cando remate o prazo de inscipción, avisarase para facer unha reunión cos interesados e falar todos os temas relacionados coa viaxe.


FANTASTICABLE
O Fantasticable consiste num cabo com 1538m a uma altura de 150m, que liga os lugares de Lamelas e Bustelo, em que as pessoas podem “voar” nele a uma velocidade máxima de 130km/h, sendo considerado o maior Fantasticable do mundo!

No Fantasticable as pessoas serão presas a um cabo e deslizarão por ele de uma montanha para a outra a diferentes velocidades, tendo a sensação de que estão realmente a voar.

Para ver como é, clique aquí