17 de ago. de 2013

Ano 2003: a excursión a Somiedo

Parece que foi onte, pero pasaron xa 10 anos desde unha mítica excursión da asociación xuvenil a terras asturianas, en xullo de 2003.

Era un  experimento que a asociación xuvenil non fixera nunca: xuntar un grupo de mozos e ir de excursión durante unha fin de semana enteira. Destino: a montaña asturiana.
Pero había poucos cartos, así que a solución pasaba por 2 novidades: transporte en coches particulares e durmida en albergue.
¿Funcionou o experimento? Pois calquera dos que estivemos alí pódevos confirmar que si. Foi unha agradable experiencia de convivencia coa natureza, reencontro co folklore e práctica deportiva, a base de rappel e sendeirismo extremo (malditos 100 metros).

E como mostra do bo ambiente e agradables momentos vividos nese intercambio de culturas galaico-astures van unhas cantas fotos para que a nostalxia nos recorde o agradable que resulta compartir momentos de lecer entre amigos.


Unha paradiña pa almorzar


 
Cuidado, Obstáculos na calzada

Chegada ó albergue de Saliencia



Deporte extremo: rappel en fachada de albergue





OS DE SEMPRE en plena actuación


Para rematar ben o día: queimada galega

Os famosos 100 metros.

O segundo día foi o día do sendeirismo polos lagos de Saliencia. Xa íbamos cansados de todo un día de camiñata cando o guía nos propuxo que, se subiamos un pouco máis montaña arriba, poderíamos contemplar unhas bonitas paisaxes. ¿E queda moi lonxe? - A cien metros.
Media hora despois... ¿falta moito? - Unos cien metros por terreno llano.
Logo dunha intensa camiñada na que houbo que parar a descansar varias veces, por unha subida de que me leve Zeus se non parecemos cabras ... ¿Pero aínda está moi lonxe? - No, quedan unos cien metros.
Despois de recorrer MOITOS tramos de 100 metros subindo pendentes porriba das pedras, ó fin de tanto esforzo, unha paixase que fai que todo ese esforzo pague a pena: Lago del Valle, e ó lado o pobo, chamado Valle del Lago.

Aínda hoxe, ó carón do lume da estufa do teleclúb, nas noites de treboada no inverno, se escoitan lendas e historias sobre aquela viaxe que un grupo de mozos intrépidos realizaron naquela lonxana época na que aínda non sabiamos pronunciar a palabra crise. ¿Seremos quen de repetir algún dia aquela aventura?


Ruta de sendeirismo polos lagos de Saliencia











A recuperar forzas despois da camiñata

Pero....  ¿QUE....?

O cociñeiro que fritía as patatas en grasa

¿Que peza tocamos?   A DE SEMPRE