28 de xuño de 2013

comida do socio 2013


Un ano máis chega o momento de celebrar a unión do barrio mediante a tradicional festa do socio.

Data e lugar: domingo 14 de xullo nos agoeiros.

ACTIVIDADES:

11:00  parva: augardente con figos para todos os maiores de idade
12:00  partido de fútbol entre solteiros/as e casados/as.
14:00  comida
17:00   xogos tradicionais: chave, corda, carreira de sacos, pincha…



MENÚ:
  • churrasco con criollos
  • pan
  • viño
  • café
  • postre

PREZOS:

socios, e fillos de socios de 15 a 17 anos 4 €
fillos de socios menores de 14 anos  gratis
non socios maiores de 14 anos    15 €
non socios menores de 14 anos 8 €

prazo de inscripción: ata o 7 de xullo na a.c. a feira.

condicións:
  • ter o recibo de socio ó corrente.
  • cada comesal debe traer os platos, vasos, tenedores, etc.               
Actuará o grupo folklórico "OS DE SEMPRE"
    pagar no momento de anotarse


    26 de xuño de 2013

    Melloras na wifi






    Con motivo de operacións de mantemento e mellora da rede WIFI, a próxima fin de semana do 29 e 30 de xuño non haberá servicio.

    25 de xuño de 2013

    Excursión para nenos



    O próximo Sábado 6 de Xullo faremos a excursión para nenos deste ano.

    Visitaremos o parque zoolóxico de Marcelle, en Outeiro de Rei, Lugo.

    A excursión é gratuita para fillos de socio de entre 5 e 18 anos.
    Os menores de 5 anos tamén poden ir pero acompañados por un adulto que pagará 10 €

    Para os nenos non fillos de socio o prezo é 10 €.

    A viaxe non inclúe comida nin bebida, hai que levalos da casa.


    20 de xuño de 2013

    Fogueira de San Xoán



    O próximo Domingo 23 de Xuño a partir das 22:30 imos celebrar a xa tradicional fogueira de San Xoán.

    Haberá sardiñada acompañada de pan. O viño hai que traelo da casa.

    Actuación do grupo folclórico  "Os de sempre" e estrea do grupo de gaitas do centro cultural

    Os non socios deberán pagar 3 € e traer viño.