Convócase a tódolos socios á asamblea xeral ordinaria que se celebrará no salón de actos do centro o próximo Sábado 8 de Febreiro de 2012 ás 21:00 en primeira comvocatoria e ás 21:30 en segunda convocatoria para tratar a seguinte orde do día:
Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
Estado de contas
Proposta de adquisición dun elevador salvaescaleiras
Obras realizadas e proxectos a realizar
Cambio de directiva: elección de presidente, tesoureiro e 3 vocais
Coma tódolos anos chegadas estas datas, volven as Grandes Festas de Carnaval da Feira.
O luns grandes concursos de disfraces infantil e de adultos
O martes, as carrozas e comparsa do barrio da Feira amosará a tódolos presentes da praza do concello de Salceda o froito do duro traballo dos veciños do barrio durante os meses previos.
Corría o ano 1956 cando os veciños do barrio da Feira, que conservaban un ancestral afán pola unión xa daquela mítico nestas terras, conseguiron co seu esforzo construir o primeiro edificio social.
Posteriormente, o edificio sufriu unha gran remodelación no ano 1970, gracias tamén á colaboración dos veciños. Na fachada deste local xa aparecía o escudo que hoxe é o noso símbolo.