29 de out. de 2010

Ciclo Cultural 2010


Un ano máis, e con moito esforzo, a directiva da Asociación Cultural A Feira ten o orgullo de presentar o tradicional ciclo cultural, que este ano chega xa á sua edición número 41.

Trátase dun programa variado con actividades para tódolos públicos, que cubren un amplio abano de idades. Unha porta aberta á participación na vida social do barrio e unha invitación a saír da casa e pasar uns intres entre veciños para disfrutar das tardes de inverno.



A continuación o programa de actos.  
Tamén podes consultar o noso calendario en https://www.google.com/calendar/embed?src=acafeira@gmail.com

Este ano contamos durante todo o ciclo cultural con unha exposición permanente de esculturas realizadas con raíces por José Blanco.

Coma tódolos anos haberá campionatos de truco, tute, subasta, escoba, ping-pong, birisca, etc. Para participar nestes torneos hai que apuntarse no taboleiro de anuncios do centro cultural antes do 28 de outubro ás 10 da noite, porque ás 23:00 realizaranse os sorteos de partidas.