23/12/2015

Asamblea Xeral Ordinaria

Convócase a tódolos socios á Asamblea ordinaria que se celebrará no salón de actos do centro o día SÁBADO 26 DE DECEMBRO DE 2015 ás 21:30 en 1ª convocatoria e ás 22:00 en 2ª convocatoria para tratar a seguinte orde do día:

  • Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
  • Estado de contas
  • Revisión do estado do servicio WIFI
  • Titularidade do terreo do campo de fútbol
  • Obras realizadas
  • Cambio de directiva: PRESIDENTE, TESOUREIRO e 3 VOCAIS
  • Baixas e altas de socios
  • Rogos e preguntas 

Dada a importancia dos temas a tratar solicítase a asistencia de t´dolos socios/as.

30/10/2015

46 MES CULTURAL
PROGRAMA DE ACTOS 


VENRES 13 DE NOVEMBRO                                 CHARLA
 
20:00 CONCURSO DE DEBUXO E FIGURAS DE PLASTILINA PARA NENOS ATA 12 ANOS
  ( OS TRABALLOS EXPORANSE DURANTE O CICLO CULTURAL)
22:00 CHARLA E CATA ELABORACIÓN CERVEXA                                      ARTESANAL


SABADO 14 DE NOVEMBRO                             MAGOSTO                          

16:00 SAIDA Ó MONTE NA PROCURA DE PRODUCTOS TIPICOS DO OUTONO (CASTAÑAS, NOCES E COGUMELOS) ACOMPAÑADOS POR UNHA MICÓFILA DA ZONA.
21:00 MAGOSTO E DESGUSTACION DE PRODUCTOS
 DE OUTONO. ACTUACION DE.
GRUPO GAITAS DA FEIRA E GRUPO DE BATUKA



DOMINGO 15 DE NOVEMBRO                                   DIA DO NENO            

10:30 MARCHA CICLISTA POLAS RÚAS DO BARRIO, SORTEO DE AGASALLOS ENTRE OS PARTICIPANTES.
16:30 HINCHABLES PARA OS NENOS DO BARRIO.
FILLOS DE SOCIOS: GRATUITO
FILLOS DE NON SOCIOS: 5€



VENRES 20 DE NOVEMBRO                                     MUSICA

22:00 ACTUACIÓN DAS DONICELAS


         






SABADO 21 DE NOVEMBRO                                     RASTREXO                           

22:00 “BUSCA DO TESOURO ” MAIORES DE 16ANOS. PARA PARTICIPAR ANOTARSE EN GRUPOS DE 4 A 6 PARTICIPANTES ANTES DO DIA 23.
OBRIGATORIO TER UN MOBIL POR GRUPO
RECOMENDABLE TRAER BRUXULA


DOMINGO 22 DE NOVEMBRO                              EXCURSIÓN             

 9:00: EXCURSION PARQUE NATURAL BAROSA

·         ANOTARSE NO CENTRO CULTURAL
         DO DÍA 1 Ó 15 DE NOVEMBRO
·         CUSTE DA ECURSIÓN SON 12 EUROS
         INCLÚE TRANSPORTE E XANTAR EN RESTAURANTE
MÁXIMO 50 PRAZAS
 ( unha vez cubertas non hai posibilidade de anotar mais xente).


VENRES 27 DE NOVEMBRO                               ESPECTACULO    
22:00  GRAN ACTUACIÓN SHOW DE
“ CRISTIAN DE SAMIL”
MONOLOGUISTA , TRANSFORMISTA, CÓMICO E TRANSGRESOR







SABADO 28 DE NOVEMBRO                                        CLAUSURA
21:00 CONCURSO DE VIÑOS, DOCES E TORTILLAS.
21:30 ENTREGA DE PREMIOS E TROFEOS DAS ACTIVIDADES REALIZADAS DURANTE O CICLO CULTURAL.
22:00 TEATRO A CARGO DO GRUPO DE ALXÉN.
OBRA: “ IMOS CONTAR UN CONTO ”
ENTREGARANSE OS DIPLOMAS DO CURSO DE CESTERIA 2014

DURANTE O CICLO REALIZARANSE CAMPIONATOS DE:
TUTE, SUBASTA, BRISCA, DOMINÓ, ESCOBA E TRUCO.

26/10/2015


CLASES DE BAILE GALEGO PARA TODAS AS IDADES 





OS INTERESADOS ANOTARSE NO CENTRO  CULTURAL DA FEIRA



PROFESOR CHISCO DE PEREIRAS
CLASES DE ZUMBA FITNESS

LUNS E MERCORES
DE 10 A 11 DA NOITE
           
SOCIOS ……………..18 EUROS/MES
NON SOCIOS ………22 EUROS/MES

ANOTARSE NO CENTRO CULTURAL DA FEIRA

INICIO NO MES DE NOVEMBRO

INICIO MES DE NOVEMBRO

08/09/2015

EXCURSIÓN MAIORES 18 ANOS - FÍAS.BURGOS

DATA: 3 E 4 DE OCTUBRE DE 2015

 DESTINO: FRÍAS-BURGOS:

 DIA 3: Salida do C.C. A feira destino Burgos e xantar en ruta. Visita burgos cea e aloxamento.
 DIA 4: Visita a pobo medieval de frías. Xantar típico da zona e regreso.

 PREZO:

 SOCIOS: 150 EUROS POR PERSOA CON MÍNIMO DE 40 PERSOAS ANOTADAS, NO CASO DE ANOTARSE MÁIS DE 40 SAIRÁ EN 140€.

 NON SOCIOS: 170 EUROS POR PERSOA.

 O PREZO INCLÚE VIAXE EN AUTOCAR, GUÍA ACOMPAÑANTE, SEGURO DE VIAXE E RÉXIME EN PENSIÓN COMPLETA EN HABITACIÓN DOBLE.

 O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O 25 DE SETEMBRO (ANOTARSE NO CENTRO CULTURAL).
 POR FAVOR, PAGAR AO ANOTARSE.

16/08/2015

Curso de Arte Floral e Flores Secas

 Estamos prepararndo un curso de arte floral e flores secas, destinado a mulleres maiores de 18 anos, sexan socias ou non



O horario será os Mércores de 4 a 7 da tarde.

Prezo: 6 €

Inscrición no centro cultural ata o 3 de Setembro.

Para poder facer a actividade precísanse un mínimo de 15 persoas.

Curso de cestería


Estamos preparando un curso de cestería para socios/as maiores de 60 anos.

O curso será os venres de 4 a  7 da tarde, de Outubro a Decembro de 2015.

Prezo: 6 € por persoa.

Inscripción no centro cultural ata o 3 de Setembro.

Precísase un mínimo de 15 inscritos para poder realizar a actividade, e o máximo é de 25 participantes.


20/07/2015

Campionato de Volei Praia


Xa chegou a edición deste ano do campionato de verán de volei praia.

Este ano o campionato comenzará o 5 de Agosto. Os partidos xogaranse de luns a venres
  • Os equipos deben ser obligatoriamente mixtos cun mínimo de 5 e un máximo de 8 integrantes.
  • Tódolos xogadores deben cumplir unha das seguintes condicións:
    • Ser socio/a
    • Ser fillo/a de socio/a e ter entre 12 e 18 anos
  • Os equipos teñen que apuntarse no local da asociación ata o día 30 de Xullo.
  •  Non se aprazarán partidos
O  calendario dos partidos publicarase cando se faga o sorteo e se publique o calendario, despois de pechar as inscricións.

HABERÁ PREMIO PARA OS GAÑADORES


13/06/2015

Excursión Xuventude 2015



Os próximos días 4 e 5 de Xullo faremos unha excursión
ó parque Pena Aventura en Braga, Portugal para maiores de 16 anos.

PREZO:

Socios ou fillos de socios maiores de 16 anos;  70 euros

non socios: 85 euros.


O PREZO INCLÚE. 

Aloxamento en casa de grupo
cea do sabado
desayuno do domingo 
xantar do domingo
 ( non inclue a comida do sabado)

e as seguintes actividades:

  • FANTASTICABLE
 
  • ALPINE COASTER
 

  • PAINTBALL
 
  • SALTO NEGATIVO
 

O TRASLADO ATA AS INSTALACIÓNS FARASE EN COCHES PARTICULARES 
DANDO O CENTRO CULTURAL UNHA AXUDA PARA PEAXES E GASOIL
 
Inscrición ata o 25 de Xuño
Saída ás 08:00
 

FANTASTICABLE
O Fantasticable consiste num cabo com 1538m a uma altura de 150m, que liga os lugares de Lamelas e Bustelo, em que as pessoas podem “voar” nele a uma velocidade máxima de 130km/h, sendo considerado o maior Fantasticable do mundo!

No Fantasticable as pessoas serão presas a um cabo e deslizarão por ele de uma montanha para a outra a diferentes velocidades, tendo a sensação de que estão realmente a voar.

07/06/2015

Excursión para nenos


Sábado 20 de Xuño

Visitas:
  • Acuario do Grove
  • Illa da Toxa
  • Illa de Arousa
  • Museo da Salazón
Prezos:
  • FILLOS DE  SOCIOS ATA 16 ANOS:  GRATIS
  • PAIS SOCIOS 10 EUROS
  • FILLOS DE NON SOCIOS :  10 EUROS
  • PAIS NON SOCIOS 15 EUROS 
O prezo inclúe a viaxe a as entradas. Non inclúe comidas.

 PRAZO DE INSCRIPCIÓN ATA O LUNS 15

26/05/2015

Excursión a Lalín


Data: Sábado 30 de Maio

Visitas:
  • Fervenza do río Toxa
  • Mosteiro de Carboeiro
  • Paseo fluvial
  • Lalín
Inclúe Menú (2 pratos)

As prazas son limitadas a 2 autobuses.

Págase o día da viaxe.

Prezos:
   Adultos: 12 €
   Menores de 9 anos:  8  €


25/04/2015

Día da Nai




O próximo domingo día 3 de Maio, ás 17:00 celebraremos o día da nai.

Haberá un campionato de chave e xogos de habilidade

E como aliciente á participación haberá un detalle para tódalas nais socias que se acheguen polo centro.

22/01/2015

Asamblea Ordinaria

Convócase a tódolos/as socios/as á asamblea ordinaria que se celebrará no salón de actos do centro o Sábado 31 de Xaneiro de 2015 ás 21:30 en 1ª convocatoria e ás 22:00 en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

  • Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  • Estado de contas.
  • Proposta de arranxo do tellado.
  • Revisión cuota WIFI.
  • Proposta de que as parellas de socios poidan ser socios pagando unha cuota mínima.
  • Aceptacón da xestión dos terrreos da Asociaciónde Veciños á Asociación Cultural A Feira.
  • Obras realizadas e proxectos a realizar.
  • Cambio de directiva: secretaria e 3 vocais.
  • Baixas e altas de socios.
  • Rogos e preguntas.
Dada a importancia dos temas a tratar, solicitamos a asistencia de tódolos/as socios/as.