21/12/2007

Fotos excursión Girona




Todos aqueles mozos que asistiron á excursión a Tossa de Mar (Girona) e sacaron fotografías e queiran compartilas poden pasar polo centro a deixalas en calquera formato:
  • CD
  • DVD
  • Tarxeta de memoria
  • Memoria USB
  • Cámara + cable USB
  • Fotos en papel
Posteriormente farase un CD coas fotos de todos para todos os que queiran unha copia.

Subasta da cantina

O próximo 23 de decembro vaise celebrar a subasta da cantina para os anos 2008 e 2009.
Para coñecer os detalles consultar o tablón de anuncios do centro.

19/12/2007

Rede Wifi



A Asociación vai poñer en marcha unha rede wifi en todo o barrio para que os veciños se poidan conectar ó ordenador do centro cultural e poidan consultar o arquivo fotográfico.
Os usuarios pagarán unha pequena cuota anual en concepto de mantemento da rede.
Os interesados neste proxecto poden apuntarse no taboleiro de anuncios do centro, ou ben mandar un correo electrónico a acafeira(a)gmail.com

O Venres 28 de decembro ás 21:00 h. teremos unha reunión cos interesados/as para debatir as condicións de uso.

13/12/2007

Teatro en Cedeira

O próximo domingo 16 de Decembro, o grupo de teatro representará a obra "Unha rosa é unha Rosa, unha comedia de medo" en Cedeira, Redondela.

Para situarnos:

Ver mapa más grande

06/12/2007

Entrega de trofeos do ciclo cultural

O pasado día 1 de decembro de 2007 con motivo do remate do ciclo cultural, entregáronse os trofeos dos campeonatos realizados durante o mesmo. Os gañadores foron os seguintes:


Mellor viño Branco: Meiriño
Mellor viño Tinto: Florencio
Doces - Mellor presentación: Silvia Lameiro
Doces - Mellor sabor: Clara Domínguez
Mellor Tortilla: Rudesinda

Campeón chave: Fernando Gómez
Subcampeón chave: Manuel Suárez

Campeón Ping Pong: Juan Carlos Troncoso
Subcampeón Ping Pong: David Otero

Campeón Escoba: Pablo Caballero
Subcampeón Escoba: David Otero

Campeón Dominó: Antonio e Adolfo
Subcampeón Dominó: Carlos e Lameiro

Campeón Subasta: Quique e Gelo
Subcampeón Subasta: Caballero e Gallego

Campeón Tute: Cesar e Jose Fariña
Subcampeón Tute: Alonso e Lameiro

Campeón Truco: Lameiro, Quincho e Manolo
Subcampeón Truco: Carlos, Miguel e Meiriño

Campeonas Birisca: Celia, Melia e Trina
Subcampeonas Birisca: Remi, Mitos e Loli

Estrea da obra "Unha rosa é unha rosa"

O pasado 1 de Decembro de 2007, o grupo de teatro da A.C. A Feira estreou con grande éxito de público e crítica a obra de Suso de Toro "Unha rosa é unha rosa, unha comedia de medo".


Elenco de actores:
Equipo artístico:
Rosa: Lucía Pereira
Pololo: Héctor Troncoso
Adela: Miriam Iglesias
Colombo: Miguel Martínez
Puri: Noelia Martínez
Foncho: Juan Carlos Troncoso
Borjita: David Otero
Albanel: Antonio Iglesias
Horacio: Miguel Estévez

Equipo técnico:
Pablo Fernández

Diseño de decorados:
Oscar Troncoso
Cesar Fariña

Apuntadores:
Bea García
Antonio Iglesias

01/11/2007

XXXVIII CICLO CULTURAL

Dende o sábado 3 de novembro ata o sábado 1 de decembro terá lugar o ciclo cultural deste ano, coas seguintes actividades:

SÁBADO 3 DE NOVEMBRO – MAGOSTO TRADICIONAL
15:30 Saída o monte na procura de productos típicos de Outuno( castañas, marotes borrachos, noces, cogumelos, etc…)

21:00 Magosto e degustación de productos de Outono


DOMINGO 4 DE NOVEMBRO – DEPORTE

16:00 Exhibición de baile de salón

O remate da exhibición xogos populares


SÁBADO 10 DE NOVEMBRO – TEATRO

Grupo de teatro da Asociación Cultural “A Forna” (Budiño, O Porriño)

21:30 Obra Infantil O Mago de Oz


DOMINGO 11 DE NOVEMBRO – SENDEIRISMO

Ruta de sendeirismo con bocadillos e refrescos para os asistentes


SÁBADO 17 DE NOVEMBRO – TEATRO

Grupo de Teatro “Mesturanzas” (Areas – Tui)

21:30 Obra A Pingueira


DOMINGO 18 DE NOVEMBRO – DEPORTE/INFANTIL

10:00 Marcha ciclista polas rúas do barrio

16:30 Animación infantil (Grupo Penedo do Rascacú)


XOVES 22 DE NOVEMBRO (CAMBIO DE DATA)

GASTRONOMÍA E ENOLOXÍA

21:30 Charla/Coloquio a cargo dun Somellier sobre gastronomía e a cultura do viño

SÁBADO 24 DE NOVEMBRO

Grupo de teatro do centro cultural e social de “Soutelo”

21:30 Obra “W.C.

DOMINGO 25 DE NOVEMBRO – TEATRO

Aula Municipal de teatro do Concello de Salceda de Caselas

17:00 Obra “Arco Iris


VENRES 30 DE NOVEMBRO – MÚSICA

21:30 Playbaks a cargo dos veciños/as do barrio


SÁBADO 1 DE NADAL – CLAUSURA

20:00 Concurso de viños, doces e tortillas

20:30 Entrega de trofeos das actividades realizadas durante o ciclocultural

GRUPO DE TEATRO DA ASOCIACIÓN CULTURAL A FEIRA

21:30 OBRA “ UNHA ROSA É UNHA ROSA, unha comedia de medo” DE SUSO DE TORO

_________________________________________

Durante o ciclo realizaranse campeonatos de truco, tute, subasta, escoba, brisca feminina,
ping-pong, etc.
( para poder participar anotarse no tablón de anuncios da cantina do centro)



19/10/2007

Comida baile para socios maiores de 50

O próximo día 28 de Outubro vaise celebrar o tradicional xantar para socios maiores de 50 anos. O prazo para apuntarse acaba o día 20 de outubro.

10/10/2007

Un pouco de historia


Corría o ano 1956 cando os veciños do barrio da Feira, que conservaban un ancestral afán pola unión xa daquela mítico nestas terras, conseguiron co seu esforzo construir o primeiro edificio social.


Posteriormente, o edificio sufriu unha gran remodelación no ano 1970, gracias tamén á colaboración dos veciños. Na fachada deste local xa aparecía o escudo que hoxe é o noso símbolo.

Arrancamos

Hoxe inauguramos este blog, no que a directiva irá poñendo avisos e noticias interesantes para tódolos socios.
Procuraremos publicar os anuncios simultaneamente aquí e no tablón do centro cultural.
Esperamos que este novo servicio sexa útil para tódolos socios e especialmente para aqueles ós que lles resulta complicado achegarse ó centro a consultar as novidades.



Un saúdo da directiva.