13/03/2011

Dia do pai 2011



DOMINGO 20 MARZO AS 16:30 H.

CAMPIONATO DE CHAVE E DE PETANCA PARA TODOS OS PAIS SOCIOS QUE SE ANIMEN, OS CALES RECIBIRÁN UN AGASALLO.


AS 18:00 H PRESENTACION DO LIBRO

Lembranzas da miña terra” escrito porFlorencio Fernández

Obsequiarase con un exemplar a cada socio.

¡¡¡ANÍMATE!!!

06/03/2011

A Feira en Directo por webcam


Coma tódolos anos, se non podes vir á Feira, podes seguir o carnaval en directo mediante a nosa cámara web:
http://entroidoafeira.axiscam.net:50000

05/03/2011

Historia do carnaval de Salceda


Nestas datas de entroido, convén facer un pouco de memoria, recordando as lonxanas orixes do noso carnaval, que ten as súas longas raíces afundidas no máis profundo da tradición secular nestas terras, na memoria dos ancestros dos habitantes deste pobo.
Patrimonio inmaterial feito de recordos, anécdotas e loitas dialécticas sin cuartel nin derramamento de sangue algún, pero encarnizadas coma as que máis, porque LEVÁMOLO NO SANCRE.
O carnaval é un sentimento que nos fai ser partícipes dun grupo de veciños unidos por unha ilusión común de conseguir as mellores festas, carrozas e comparsas. Que nos fai dar o mellor de cada un para acadar o obxectivo do triunfo sobre o rival.
O carnaval está con nós desde nenos. Pero moitos, moitos anos antes de nós nacer, o carnaval xa estaba aquí, nas historias que nos contaban os nosos avós, naquelas épicas batallas que nos narraban sobre clandestinas expionaxes nocturnas, sobre traxes de papel e carrozas montadas en bicicletas.
O carnaval forma parte de nós, pero tamén nos formamos parte del. Porque mentres nos queden forzas seguiremos adiante coa nosa tradición, aínda que só sexa por honrar a memoria dos nosos antepasados e seguir construindo as historias que lles contaremos ós nosos netos. E ver a súa cara de ilusión cando lles contemos aquelas vellas historias que estamos vivindo hoxe. Igualciño que cando os nosos avós no-las contaban a nós.

Dende o blog amigo OsDeSempre, recordemos como empezou todo, nunha época moi, moi lonxana:
http://osdesempresalceda.blogspot.com/2009/02/o-entroido-de-salceda-parte-1.html
http://osdesempresalceda.blogspot.com/2009/02/o-entroido-de-salceda-parte-2.html

04/03/2011

Entroido 2011: Orquestas

As festas de entroido da Feira non teñen rival. Este ano contamos coas seguintes orquestas:

LUNS 7:

ALKAR



NUEVA GENERACIÓN 



 MARTES 8:

CHARLESTON BIG BAND


E a grande atracción da oruqesta PANORAMA. Despois de repoñerse do  incendio do seu escenario o ano pasado, veñen con escenario completamente novo a presentar o seu


NOVO ESPECTÁCULO PLANET TOUR 2011,

que inclúe música de calidade, bailes espectaculares e PERFORMANCES.









03/03/2011

Grandes festas de Carnaval na Feira

A FEIRA, Salceda de Caselas, presenta o seu  

CARNAVAL SHOW 2011

    • Luns 7 de Marzo: ás 7 da tarde darán comenzo as Grandiosas "Festas de Carnaval" cun desfile de disfraces infantís con premios para os mellores. Ás 12 da noite concurso de disfraces de adultos con premios en metálico. A verbena estará amenizada polas orquestas NUEVA GENERACIÓN e ALKAR

    • Martes 8 de Marzo: Ás 4 da tarde sairán do recinto de festas da Feira DUAS IMPRESIONANTES CARROZAS acompañadas pola COMPARSA formada polos veciños do barrio da Feira. Ás 5 da tarde farán a súa presentación na praza do concello. Ó remate volverán ó recinto de festas da Feira, onde haberá unha Gran Verbena amenizada polas orquestas CHARLESTON BIG BAND e PANORAMA.
    • Sábado 12 de Marzo: Ás 8 do serán dará comenzo a QUEIMA DO CASTRIÑO á beira do regato da ameixoa e ó finalizar, no torreiro de festas haberá callos e chourizos con pan e viño. Un grupo musical amenizará a velada.



A Compañía "FONTE DO VIÑO" porá en escena os seguintes sainetes cómicos:
 


 ¡¡CASTRIÑO!!!! ¡¡ A CABEZA NON PARA !!! TANTO ESFORZO, TANTA VACA ESFORRICADA, E Ó FINAL FACEDES A MESMA CAGADA

VISTO PARA SENTENCIA, A FEIRA NON TEN COMPETENCIA