18 de feb. de 2012

Carnaval Show 2012 - A FEIRA

A Feira presenta o seu CARNAVAL SHOW '12





17 de feb. de 2012

Webcam: O torreiro de festas da Feira

Como pasa o tempo, fai nada que era carnaval e xa estamos outra vez nestas datas tan importantes para o noso barrio.

Se non vas a poder vir a disfrutar das festas, podes vernos a través da nosa cámara web:
http://entroidoafeira.axiscam.net:50000


13 de feb. de 2012

Recibo de Socio 2012


Recordámosvos que están ó cobro os recibos correspondentes ó ano 2012.

O próximo 31 de marzo remata o prazo para pagalo e aqueles socios que non paguen o seu recibo antes de esa data terán que afrontar un recargo do 20% no prezo.

Lembra que as aportacións dos socios son imprescindibles para que a asociación poida levar a cabo tódalas actividades programadas ó longo do ano, que son moitas.


Se eres estudiante, recorda que hai unha tarifa especial reducida. ¡ Non tes escusa para non colaborar !

4 de feb. de 2012

Nova Directiva

Na asamblea ordinaria celebrada o pasado 28 de xaneiro, resultaron elixidos os seguintes socios/as para ocupar cargos na xunta directiva da asociación:
  • Presidente: Quique Mariño
  • Tesoureiro: Marcos Troncoso
  • Vocal: Paulo Montes
  • Vocal: Javier Martínez
  • Vocal: Inés Durán