21 de dec. de 2007

Fotos excursión Girona




Todos aqueles mozos que asistiron á excursión a Tossa de Mar (Girona) e sacaron fotografías e queiran compartilas poden pasar polo centro a deixalas en calquera formato:
  • CD
  • DVD
  • Tarxeta de memoria
  • Memoria USB
  • Cámara + cable USB
  • Fotos en papel
Posteriormente farase un CD coas fotos de todos para todos os que queiran unha copia.

Subasta da cantina

O próximo 23 de decembro vaise celebrar a subasta da cantina para os anos 2008 e 2009.
Para coñecer os detalles consultar o tablón de anuncios do centro.

19 de dec. de 2007

Rede Wifi



A Asociación vai poñer en marcha unha rede wifi en todo o barrio para que os veciños se poidan conectar ó ordenador do centro cultural e poidan consultar o arquivo fotográfico.
Os usuarios pagarán unha pequena cuota anual en concepto de mantemento da rede.
Os interesados neste proxecto poden apuntarse no taboleiro de anuncios do centro, ou ben mandar un correo electrónico a acafeira(a)gmail.com

O Venres 28 de decembro ás 21:00 h. teremos unha reunión cos interesados/as para debatir as condicións de uso.

13 de dec. de 2007

Teatro en Cedeira

O próximo domingo 16 de Decembro, o grupo de teatro representará a obra "Unha rosa é unha Rosa, unha comedia de medo" en Cedeira, Redondela.

Para situarnos:

Ver mapa más grande

6 de dec. de 2007

Entrega de trofeos do ciclo cultural

O pasado día 1 de decembro de 2007 con motivo do remate do ciclo cultural, entregáronse os trofeos dos campeonatos realizados durante o mesmo. Os gañadores foron os seguintes:


Mellor viño Branco: Meiriño
Mellor viño Tinto: Florencio
Doces - Mellor presentación: Silvia Lameiro
Doces - Mellor sabor: Clara Domínguez
Mellor Tortilla: Rudesinda

Campeón chave: Fernando Gómez
Subcampeón chave: Manuel Suárez

Campeón Ping Pong: Juan Carlos Troncoso
Subcampeón Ping Pong: David Otero

Campeón Escoba: Pablo Caballero
Subcampeón Escoba: David Otero

Campeón Dominó: Antonio e Adolfo
Subcampeón Dominó: Carlos e Lameiro

Campeón Subasta: Quique e Gelo
Subcampeón Subasta: Caballero e Gallego

Campeón Tute: Cesar e Jose Fariña
Subcampeón Tute: Alonso e Lameiro

Campeón Truco: Lameiro, Quincho e Manolo
Subcampeón Truco: Carlos, Miguel e Meiriño

Campeonas Birisca: Celia, Melia e Trina
Subcampeonas Birisca: Remi, Mitos e Loli

Estrea da obra "Unha rosa é unha rosa"

O pasado 1 de Decembro de 2007, o grupo de teatro da A.C. A Feira estreou con grande éxito de público e crítica a obra de Suso de Toro "Unha rosa é unha rosa, unha comedia de medo".


Elenco de actores:
Equipo artístico:
Rosa: Lucía Pereira
Pololo: Héctor Troncoso
Adela: Miriam Iglesias
Colombo: Miguel Martínez
Puri: Noelia Martínez
Foncho: Juan Carlos Troncoso
Borjita: David Otero
Albanel: Antonio Iglesias
Horacio: Miguel Estévez

Equipo técnico:
Pablo Fernández

Diseño de decorados:
Oscar Troncoso
Cesar Fariña

Apuntadores:
Bea García
Antonio Iglesias