22 de xan. de 2015

Asamblea Ordinaria

Convócase a tódolos/as socios/as á asamblea ordinaria que se celebrará no salón de actos do centro o Sábado 31 de Xaneiro de 2015 ás 21:30 en 1ª convocatoria e ás 22:00 en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

  • Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  • Estado de contas.
  • Proposta de arranxo do tellado.
  • Revisión cuota WIFI.
  • Proposta de que as parellas de socios poidan ser socios pagando unha cuota mínima.
  • Aceptacón da xestión dos terrreos da Asociaciónde Veciños á Asociación Cultural A Feira.
  • Obras realizadas e proxectos a realizar.
  • Cambio de directiva: secretaria e 3 vocais.
  • Baixas e altas de socios.
  • Rogos e preguntas.
Dada a importancia dos temas a tratar, solicitamos a asistencia de tódolos/as socios/as.