8 de nov. de 2021

Esta fin de semana tivo lugar a saída ó monte na procura de productos típicos do outono e actuación do serán.

13 de out. de 2021

"50 ANOS ACOLLENDO CULTURA E COFRATERNIDADE A VECIÑANZA"

O pasado 26 de setembro celebramos o 50 Aniversario da Inaguración do Centro Cultural A Feira, acto aprazado dende o 29 de marzo de 2020 pola Covid. Sentímonos orgullosos de formar parte desta asociación, unha das máis antigas de Pontevedra. Visto o éxito de afluencia infantil nos actos que realizamos durante o mes de setembro, podemos decir que ten un futuro prometedor. Actualmente conta con máis de 200 soci@s dos cales 24 aínda seguen pertencendo como soci@s dende os seus inicios, neste acto quixemos homenaxealos por cumprir 50 anos de antigüedade. O Centro Cultural A Feira foi inaugurado un martes de pascua de 1970, recolle un gran valor simbólico, foi dende os seus inicios o punto de encontro para os veciños e veciñas da Feira , motor de movemento do barrio xunto co entroido que foi complemento perfecto para a asociación. Unión e Traballo o noso lema. "50 ANOS ACOLLENDO CULTURA E COFRATERNIDADE A VECIÑANZA"

20 de set. de 2021

Ata aquí un pequeno resumo das actividades realizadas o longo deste mes. Esta fin de semana daremos por concluido o Setembro Cultutal coa celebración do cincuenta aniversario da inauguración do Centro Cultural A Feira aprazado dende o 29 de marzo do 2020 pola Covid-19