20/04/2008

Fotos de satélite no entroido

Parece ser que os do Google Maps andiveron renovando as fotos de satélite da nosa zona.
Vaia coincidencia que fosen a sacar as fotos xusto en carnaval.
Aquí tendes a mostra:




Pódese ver o bar de Jose, a caravana do sonido e algún vehículo máis.

Premio para os que se deron de conta da sombra do pau do medio.

18/04/2008

Calendario de actividades 2008

Calendario previsto de actividades para o ano 2008:

Recordámosvos que este calendario é provisional e pode sufrir cambios por imprevistos de última hora.















































data actividade
16 de MarzoDía do pai: xogo de chave e petanca
1 de MaioSendeirismo
4 de MaioDía da Nai: chave e petanca
29 de XuñoComida do socio
19 de XulloExcursión para nenos
25,26,27 de XulloExcursión asociación xuvenil
Xullo e AgostoCampionato de volei-praia e brilé sobre area
SetembroExcursión para maiores (de 18 anos)
5 de OutubroComida para socios maiores de 50 anos
1 de Novembro-6 de DecembroCiclo cultural 2008

Día da nai

Data: Domingo 4 de Maio

Homenaxe a tódalas nais socias ou parella de socio.

16:30 Campionato de chave e petanca para nais

ó remate do campionato, entrega de trofeos.

Obsequio para tódalas nais socias ou parella de socio que asistan.

Sendeirismo

Coma tódolos anos, vaise a celebrar un día de xornada deportiva realizando unha ruta de sendeirismo. Coma sempre, aproveitaremos a mañán para facer a ruta. A comida será nalgún lugar próximo e pola tarde si fai bo tempo farase algunha visita turística pola zona ou xogos ó aire libre.

Data: Xoves 1 de Maio
Ruta: Aínda non definida
Horarios: Saída do centro cultural ás 8:00, chegada ás 20:00 (aprox.)

O almorzo e xantar están incluidos no prezo.

O prazo de inscripción remata o 27 de Abril.
As pazas son limitadas. Unha vez cheas as prazas do autobús non se admitirán máis inscripcións.

PAGAR Ó ANOTARSE

PREZOS:

Socio con recibo ó día......................................5 €
Fillo de socio de 15 a 18 anos.........................3 €
Fillo de socio ata 14 anos................................Gratis
Non socio..........................................................12 €
Fillo de socio maior de 18 anos non socio....12 €

Teatro en Parderrubias

O próximo Sábado 26 de Abril, o grupo de teatro da Asociación Cultural A Feira presentará a obra de Suso de Toro "Unha Rosa é unha Rosa, unha comedia de medo" no centro cultural de Parderrubias (Salceda) ás 22:00.

14/04/2008

Amliada a rede Wifi

Xa se puxeron en marcha as dúas antenas que estaban pendentes de instalar. Finalmente as ubicacións elixidas foron Noveleira e Paxariña.
Proximamente instalarase outra antena nas Veiguiñas para mellorar a cobertura da rede.