A.C. A FEIRA
ASEMBLEA ORDINARIA
A directiva da asociación cultural A Feira convoca a tódolos/as socios/as á asemblea ordinaria que se celebrará no salón de actos do centro o día SÁBADO 09 DE XANEIRO DO 2010 ás 21:30 h. en 1ª convocatoria e ças 22:00 h. en 2ª convocatoria coa seguinte orde do día.
*Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
*Estado de contas.
*Proxectos a realizar.
*Cambio de directiva: saída e elección de PRESIDENTE, TESOUREIRO E 3 VOCAIS.
*Rogos e preguntas.
Directiva 2009
23 diciembre 2009
11 noviembre 2009
Estamos en Intenet
Recordámosvos a todos que a Asociación cultural A Feira ten unha ampla presencia en Internet.
Se queres estar ó tanto das últimas novas, aquí tes algunhas das alternativas que pomos á vosa disposición:
Email: acafeira@gmail.com
Facebook: facebook.com/afeira
Blog: acafeira.blogspot.com
Feed RSS: acafeira.blogspot.com/feeds/postsCalendario: www.google.com/calendar/embed?src=acafeira@gmail.com
06 noviembre 2009
Actividades deste fin de semana
Recordámosche as actividades que imos levar a cabo este fin de semana dentro do XL Ciclo Cultural 2009:
| SÁBADO 7 NOVEMBRO | 21:30 | Monólogos representados polos veciños da Feira e Castro Barreiro |
| DOMINGO 8 NOVEMBRO | 16:30 | Xogos populares para nenos |
Tamén aproveitamos para recordarche que convén apuntarse á marcha ciclista e ó sendeirismo para non quedar sen almorzo
| DOMINGO 15 NOVEMBRO | 10:00 | Marcha ciclista polas rúas do barrio, con sorteo de agasallos entre os participantes |
| DOMINGO 22 NOVEMBRO | 10:00 | Sendeirismo dende o centro cultural ata San Cibrán, con almorzo no Padrán. |
05 noviembre 2009
Fotos da excursión a Ávila e Segovia
Aquí vos mostramos algunhas fotos da excursión a Toledo e Ávila:
Se queres copias, ponte en contacto coa directiva persoalmente ou no noso email: acafeira@gmail.com
02 noviembre 2009
Apúntate ás actividades
Para todolos interesados en acudir ás seguintes actividades
| DOMINGO 15 NOVEMBRO | 10:00 | Marcha ciclista polas rúas do barrio, con sorteo de agasallos entre os participantes |
| DOMINGO 22 NOVEMBRO | 10:00 | Sendeirismo dende o centro cultural ata San Cibrán, con almorzo no Padrán. |
A directiva agradece que se apunten na lista que hai no taboleiro de anuncios do centro cultural para poder estimar a afluencia.
Tamén vos recordamos que o sendeirismo inclúe o almorzo.
31 octubre 2009
Excursión Asociación Xuvenil


A Asociación Xuvenil organiza, os próximos días 5, 6 e 7 de decembro, unha excursión
ó parque Pena Aventura en Portugal para maiores de 18 anos.
PREZOS POR PERSOA:
SOCIOS 90 €
NON SOCIOS 130 €
O PREZO INCLÚE:
- ALOXAMENTO
- CENA DO SÁBADO
- PENSIÓN COMPLETA DO DOMINGO
- DESAIUNO E COMIDA DO LUNS
- ACTIVIDADES: FANTASTICABLE E PAINTBAL

RESUMO APROXIMADO DA VIAXE:
- Sábado 5: Saída da Feira ás 9:30 con parada para comer e visitar Braga.
- Domingo 6: actividades no parque. baixada en fantasticable e torneo de paintball
- Luns 7: Desaiuno, tempo libre, comida e regreso á Feira.
Esta excursión, como é habitual, realizarase con coches particulares, aportando a asociación unha axuda para combustible ós conductores.
Cando remate o prazo de inscipción, avisarase para facer unha reunión cos interesados e falar todos os temas relacionados coa viaxe.

No Fantasticable as pessoas serão presas a um cabo e deslizarão por ele de uma montanha para a outra a diferentes velocidades, tendo a sensação de que estão realmente a voar.
Para ver como é, clique aquí
21 octubre 2009
40 ciclo cultural 2009

Como cada ano, según se vai aproximando o mes de novembro, temos entre nós o ciclo cultural, que este ano chega á súa edición número 40.
Este ano tamén haberá, coma sempre, campionatos de Truco, Subasta, Tute, Birisca Feminina, Escoba, Dominó e Ping-Pong. Estes campionatos celebraranse durante todo o ciclo cultural. Para máis detalles consultar o taboleiro de anuncios do centro. Hai que recordar que nesta modalidade especial de campionato ten as súas peculiaridades, como é que os gañadores das partidas son os que pagan as consumicións dos perdedores na cantina.
A programación de actos é a seguinte:
| DATA | HORA | ACTIVIDADE |
| SÁBADO 31 OUTUBRO | 15:30 | Saída ó monte na procura de productos típicos de outono (castañas, noces, cogumelos) acompañados por unha micóloga da zona |
| 21:00 | Magosto e degustación de productos típicos de outono | |
| SÁBADO 7 NOVEMBRO | 21:30 | Monólogos representados polos veciños da Feira e Castro Barreiro |
| DOMINGO 8 NOVEMBRO | 16:30 | Xogos populares para nenos |
| SÁBADO 14 NOVEMBRO | 22:00 | Grupo de metal BEMETALS de Salceda |
| DOMINGO 15 NOVEMBRO | 10:00 | Marcha ciclista polas rúas do barrio, con sorte de agasallos entre os participantes |
| SÁBADO 21 NOVEMBRO | 21:30 | Grupo Folk TARXA de Castrelos |
| DOMINGO 22 NOVEMBRO | 10:00 | Sendeirismo dende o centro cultural ata San Cibrán, con almorzo no Padrán. |
| VENRES 27 NOVEMBRO | 21:30 | Proxección de vídeos e fotografías das actividades realizadas ó longo do ano |
| SÁBADO 28 NOVEMBRO | 20:00 | Concurso de viños, doces e tortillas |
| 20:30 | Entrega de premios e trofeos das distintas actividades e camionatos realizados durante o ciclo cultural | |
| 21:30 | Grupo de teatro do CCS Castro Barreiro coa obra PACO JONES, DETECTIVE PRIVADO. Autor: José Cedena |
Actuación de Bimetals na cervecería Groliños





