17/10/2016

47 mes cultural

47 MES CULTURAL
PROGRAMA DE ACTOS 

SABADO 5 DE NOVEMBRO                    MAGOSTO                          



16:00 SAIDA Ó MONTE NA PROCURA DE PRODUCTOS 
TIPICOS DO OUTONO (CASTAÑAS, NOCES E COGUMELOS)
 ACOMPAÑADOS POR UN MICÓFILO DO BARRIO

21:00 MAGOSTO E DESGUSTACION DE PRODUCTOS
 DE OUTONO. ACTUACION DE.
GRUPO GAITAS DA FEIRA   E  OS ESPANTARRATOS



DOMINGO 6 DE NOVEMBRO                   DIA DO NENO            

10:30 MARCHA CICLISTA POLAS RÚAS DO BARRIO, SORTEO DE AGASALLOS ENTRE OS PARTICIPANTES.
16:30 HINCHABLES PARA OS NENOS DO BARRIO.
FILLOS DE SOCIOS: GRATUITO
FILLOS DE NON SOCIOS: 5€

17:00 ACTUACIÓN DO MAGO FRAN


VENRES  11 DE NOVEMBRO                 RASTREXO                           

22:00 “BUSCA DO TESOURO ” MAIORES DE 16ANOS. PARA PARTICIPAR ANOTARSE EN GRUPOS DE 4 A 8 PARTICIPANTES ANTES DO DIA 4.
OBRIGATORIO TER UN MOBIL POR GRUPO


SABADO 12 DE NOVEMBRO                 CURSO             

 DE 16:00 ATA 21:00 
CURSO PRIMEIROS AUXILIOS DEPORTIVOS E DOMESTICOS.
IMPARTIDO POR MÉDICA ESPECIALISTA
DOMINGO 13 DE NOVEMBRO                MUSCICA

18:00  ACTUACIÓN DA BANDA DE MUSICA 
XUVENIL DE SALCEDA DE CASELAS

VENRES 18  DE NOVEMBRO                 SERÁN  

22:00    SERÁN

ACTUACIÓN DE DIVERSOS GRUPOS     
 DE BAILE ,GAITAS E FOLCLORICOS



SABADO 19 DE NOVEMBRO                 TEATRO

22:00 ACTUACIÓN DO GRUPO DE TEATRO DE ALXÉN COA OBRA:

" AS ALEGRES CASADAS"

DOMINGO  20 DE NOVEMBRO           ESPECTÁCULO

18:00  EXIBICIÓN DE ZUMBA DO C.C. A FEIRA

19:00  ACTUACIÓN DA CHARANGA

" NOVA JOMADA"

VENRES 25  DE NOVEMBRO               MONÓLOGO

  22:00 MONOLOGO A CARGO DO HUMORISTA

"XAN VEIGA"

SABADO 28 DE NOVEMBRO                  CLAUSURA
21:00 CONCURSO DE VIÑOS, DOCES E TORTILLAS.
21:30 ENTREGA DE PREMIOS E TROFEOS 
DAS ACTIVIDADES REALIZADAS DURANTE
 O CICLO CULTURAL.

22:00 ESTREO DA OBRA DE TEATRO DO C.C A FEIRA.
                “ O FILLO DO ANICETO ”


DURANTE O CICLO REALIZARANSE CAMPIONATOS DE:
TUTE, SUBASTA, BRISCA, DOMINÓ, ESCOBA E TRUCO.

06/10/2016

CAMPIONATOS CARTAS MES CULTURAL

 ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NOS DIFERENTES CAMPIONATOS QUE SE VAN CELEBRAR DURANTE O MES CULTURAL DE NOVEMBRO
PRAZO DE INSCRIPCIÓN ATA O 28 DE OUTUBRO NO C.C A FEIRA

TEMOS COMO TÓDOLOS ANOS CAMPIONATOS DE:

TUTE
BRISCA FEMENINA
SUBASTADO
DOMINO
ESCOBA
etc

01/10/2016

EXCURSION MAIORES FAMILIAR

SENDERISMO  ILLAS ONS

DOMINGO 23 DE OUTUBRO
  • PREZO            ADULTOS 12 € ,  NENOS ATA 12 ANOS 8 €
  • O PREZO INCLUE
                  TRANSPORTE IDA E VOLTA EN AUTOBUS ATA PORTONOVO
                       VIAXE EN BARCO ATA AS ILLAS ONS E VISITA CON GUIA
                       COMIDA TIPO PICNIC

  • O MINIMO DE PRAZAS SON 50 E O MAXIMO 52
  •  TEÑEN PRIORIDADE OS SOCIOS
  • PRAZO DE INSCIPCIÓN ATA O DÍA 14 DE OUTUBRO

01/09/2016

ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

A directiva da Asociación Cultural  A Feira convoca a todos os seus socios a asamblea xeral extraordinaria que debido a urxencia do tema a tratar se vai celebrar  sábado 3 de setembro, as 21:30 en Primeira convocatoria e as 22:00 en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:

·        ACEPTACIÓN OU RECHAZO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA POLA XUNTA DE GALICIA PARA REFORMA DO GALPÓN DEBIDO A NECESIDADE DE APORTACIÓN DE FONDOS ECONOMICOS DO CENTRO CULTURAL PARA PODER REALIZAR DITAS  OBRAS.


DIRECTIVA 2016

26/08/2016

CURSO PLANTAS MEDICINAIS

CURSO PLANTAS MEDICINAIS


Martes e xoves de 20:00 ata 22:00

Os meses  de OUTUBRO E NOVEMBRO

  • Homes e mulleres de calquer idade 
  • máximo 25 plazas 
  • mínimo 15 plazas      ( PRIORIDADE SOCI@S)
GRATUITO
Prazo de inscripción ata o 15 de setembro no C.C A Feira

CURSO COSTURA CREATIVA

CURSO COSTURA CREATIVA

Mércores e Venres de 19:30 ata 21:30

Os meses  de OUTUBRO E NOVEMBRO

  • Homes e mulleres de calquer idade 
  • máximo 25 plazas 
  • mínimo 15 plazas      ( PRIORIDADE SOCI@S)
PREZO 6 €
 
Prazo de inscripción ata o 15 de setembro no C.C A Feira


26/07/2016

EXCURSIÓN FESTA DA ISTORIA RIBADAVIA

EXCURSIÓN XUVENTUDE A FESTA DA ISTORIA DE RIBADAVIA

SABADO 27 DE AGOSTO


PREZO
  • SOCIOS 20 €
  • NON SOCIOS 30 €          
O PREZO INCLUE:
  • VIAXE EN AUTOBUS IDA E VOLTA DENDE A FEIRA
  • COMIDA EN RESTAURANTE NA PRAZA CENTRAL DE RIBADAVIA
- PRAZAS LIMITADAS A 55 PERSOAS. PRIORIDADE SOCIOS
- PECHASE A INSCRIPCIÓN Ó CUBRIRSE AS 55 PRAZAS
- MAIORES DE 18 ANOS
- PAGAR Ó ANOTARSE
- ACONSELLABLE " CASE OBRIGATORIO " VESTIR ROUPA DE ÉPOCA

MENU: 1 PAELLA
              2 XAMON ASADO CON CHAMPIÑONS

HORARIOS:
SAIDA DA FEIRA. 9.30 DA MAÑAN
COMIDA 12.30 DO MEDIODIA
REGRESO PARA FEIRA 00.00 DA NOITE



15/07/2016

CAMPIONATO DE VOLEY SOBRE AREA


Este ano o campionato comenzará o mércores 10 de Agosto. Os partidos xogaranse de luns a venres
  • Os equipos deben ser obligatoriamente mixtos cun mínimo de 5 e un máximo de 10 integrantes.
  • Tódolos xogadores deben cumplir unha das seguintes condicións:
    • Ser socio/a
    • Ser fillo/a de socio/a e ter entre 12 e 18 anos
  • Os equipos teñen que apuntarse no local da asociación ata o día 5 de Agosto.
  •  Non se aprazarán partidos
O  calendario dos partidos publicarase cando se faga o sorteo e se publique o calendario, despois de pechar as inscricións.

01/07/2016

COMIDA SOCIO 2016



Un ano máis chega o momento de celebrar a unión do barrio mediante a tradicional FESTA DO SOCIO.

Data e lugar: domingo 10 de xullo nos agoeiros.

MENÚ:
  • 1º plato EMPANADA
  • 2º plato PAELLA
  • pan
  • viño
  • café
  • postre

PREZOS:

socios, e fillos de socios de 15 a 17 anos4.50 €
fillos de socios menores de 14 anos gratis
non socios maiores de 14 anos   15 €
non socios menores de 14 anos8 €

prazo de inscripción: ata o 8 de xullo na a.c. a feira.

condicións:
  • ter o recibo de socio ó corrente.
  • cada comesal debe traer os platos, vasos, tenedores, etc.               
ACTUACIÓN DUN GRUPO DE GAITAS
pagar no momento de anotarse

17/06/2016

FOGUEIRA DE SAN XOAN

O VINDEIRO XOVES 23 A NOITE  CELEBRAMOS A

FOGUEIRA DE SAN XOAN





Faremos a tradicional fogueira e unha sardiñada acompañada de pan e viño.

GRATIS PARA TÓDOLOS  SOCIOS PRESENTES
  • NON SOCIOS PAGAN 4 €

FESTA AMENIZADA POR GAITEIROS DO BARRIO

30/05/2016

EXCURSIÓN NENOS A MAGIKLAND

EXCURSIÓN NENOS A MAGIKLAND. PENAFIEL (PORTUGAL)

SÁBADO 18 DE XUÑO.



SAIDA AS 9:00 H DO CENTRO CULTURAL

PREZO:
  • FILLOS DE SOCIOS ATA 18 ANOS  GRATIS
  • FILLOS DE NON SOCIOS 15 EUROS 
EXCURSIÓN SOLO PARA NENOS ( SEN PAIS) IDADE MÍNIMA RECOMENDADA 5 ANOS.

PRAZO DE INSCRIPCIÓN ATA O 12 DE XUÑO.

A EXCURSIÓN INCLUE VIAXE E ENTRADAS. O NENOS DEBERÁ LEVAR A COMIDA PARA PASAR O DÍA GORRA E PROTECCIÓN SOLAR.

DOCUMENTACIÓN NECESARÍA:
  • Fotocopia do DNI dos pais,  e do neno (en caso de ter).
  • Autorización firmada ( modelo dispoñible no centro cultural).
  • Fotocopia do libro de familia.




10/05/2016

EXCURSION FAMILIAR A BRAGA E GUIMARAES


12 DE XUÑO

CONXUNTA  CO C.C CASTRO BARREIRO


PREZOS:
               0-3 ANOS:    socios         gratis
                                 non socios      6 euros

               4-11 ANOS:  socios       15 euros
                                   non socios   20 euros

    MAIORES DE 12 :  socios      30 euros
                                    non socios  40 euros

PRAZO DE INSCRIPCIÓN:  ata o 5 de Xuño no C.C A Feira. ( importante pagar o anotarse, os socios terán prioridade).

SAIDA as 8:30h,  ALMORZO E XANTAR A CONTA DO CENTRO CULTURAL


22/04/2016

DÍA DA NAI

O VINDEIRO 1 DE MAIO CELEBRAMOS O DÍA DA NAI

Teremos campeonatos de chave e xogos tradicionais


ADEMAIS ENTREGARASELLE UN AGASALLO A TODALAS NAIS SOCIAS ASISTENTES

A PARTIR DAS 17:00 H

ANIMATE!!

12/04/2016

CLASES DE BAILE GALEGO

CLASES DE BAILE GALEGO PARA TODAS AS IDADES













AS CLASES IMPARTIRANSE OS MARTES DE 20 a 21 Horas
no local do Centro Cultural A Feira

SOCIOS  TODAS  AS  IDADES  10 €
NON SOCIOS TODAS IDADES 20 €

os interesados anotarse no C.C da Feira

28/03/2016

senderismo cangas 2016


O próximo DOMINGO 8 de Maio  faremos unha ruta de sendeirismo porCANGAS DO MORRAZO ruta PRAIA DE NERGA-CABO HOME.


Sairemos ás 8:30 do centro cultural, con traslado en autobús

 O prazo de inscrición remata o domingo 24 de ABRIL

PREZOS:
Socios co recibo de 2016 pagado            10 €
Fillos de socios menores de 14 anos       5 €
Non socios                                             20 €
Non socios menores de 14 anos            15 €

O prezo inclúe almorzo ( auga e bocadillo) e xantar en restaurante.

Importante levar protección solar e gorra.

A ruta consta  de aproximadamente 9 km de dificultade media-alta
con posibilidade de facer un tramo sinxelo para persoas maiores, carros...

18/03/2016

Curso de sulfatos para socios



CURSO DE APLICADOR DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS

NIVEL BÁSICO 

PARA SOCIOS

 

 Curso de 25 horas presenciais
 Grupo mínimo: 25 persoas, máximo30 persoas
 Prezo:  55 € taxas incluidas

O curso impartirase no salón do centro os días 14,15, 21 e 22 de Maio

             
    
Sábados de 9:30 a 13:30 e de 13:30 a 20:00
Domingos de 9:00 a 14:00

O examen farase o último día de clase no centro cultural.

Inscripción ata completar as 30 plazas co DNI e pagando os 55 €.

Curso para socios





13/03/2016

Paga o teu recibo, socio


Recordámosvos que están ó cobro os recibos correspondentes ó ano 2016.

O próximo 31 de marzo remata o prazo para pagalo e aqueles socios que non paguen o seu recibo antes desa data terán que afrontar un recargo do 20%.

Lembra que as aportacións dos socios son necesarias para que a asociación poida levar a cabo tódalas actividades programadas ó longo do ano, que son moitas.


Se eres estudiante temos unha tarifa especial reducida. ¡ Non tes escusa pa non colaborar !

08/03/2016

DIA DO PAI 2016



O próximo domingo 20 de marzo celebraremos o día do pai 2016 coas seguintes actividades.
  • Campionato de chave
  • Campionato de petanca
Ademáis haberá xamón e viño para tódolos pais socios que asistan.

¡Anímate e participa!

08/02/2016

Festas de Entroido 2016


Aquí tendes o pasquín das festas de entroido de este ano



 



¡ VISTO PARA SENTENCIA, A FEIRA NON TEN COMPETENCIA !