23 de maio de 2014

Excursión en familia

O próximo 14 de Xuño faremos unha excursión ó parque eólico experimental de Sotavento, na serra da loba (A Coruña)

Prezos para socios:  15 €  adultos, gratis para fillos de socio menores de 18 anos.
Prezos para non socios: 20 €  adultos, 15 € nenos.

Os nenos menores de 5 anos deben ir acompapados dun adulto.

Prazas limitadas a 2 autobuses

Data límite para anotarse: 8 de xuño

Cada un debe levar a súa propia comida.





13 de maio de 2014

Andaina a San Cibrán

A Asociación Xuvenil Entroido organiza unha subida a San Cibrán tradicional a pé.

Cando: O día de San Cibrán, Domingo 25 de Maio

10:00 Saída do centro cultural
12:00 Parada a almorzar unha peza de Froita
14:00 Chegada a San Cibrán.
14:30 Comida campestre con tortilla, empanada, bocata de xamón asado, auga, viño, café e postre.


Prezo: Se tes 13 anos  ou máis: 10 €
           Ata 12 anos: 5 €

Inscricións ata o 18 de maio na cantina do centro cultural e na tenda de Mitos.

8 de maio de 2014

Clases de gaita galega



Ábrese o prazo de inscricición para as clases de gaita galega.

Todos os niveis:
  • Principiante
  • Intermedio
  • Perfeccionamento

As clases serán os mércores ás 22:00

Prezos: Socios 12 €/mes. Non socios 17 €/mes


IMPORTANTE: Apuntarse no centro cultural, a ver si xuntamos a xente suficiente.

2 de maio de 2014

Día da Nai




O próximo domingo día 4 de maio, ás 17:00 celebraremos o día da nai.

Haberá un campionato de chave e xogos de habilidade para tódalas nais socias que desexen participar.

Tamén haberá campionato de petanca para todos aqueles/as que queiran participar.

E como aliciente á participación haberá un detalle para tódalas nais socias que se acheguen polo centro.