28 de abr. de 2024

Excursión para nenos a Marcelle Natureza

 

Este ano a excursión para nenos vai ser a Marcelle Natureza, na provincia de Lugo.

Nesta excursión a rapazada poderá contemplar moitas especies animais, así coma facer a visita guiada á zona da reserva.

IMPORTANTE: asinar a autorización ó anotar ós cativos.

Non socios pagar ó anotarse. 


¿Qué é a Reserva?

A reserva é a representación dun bosque autóctono polo que se pode pasear entre árbores e en contacto coa natureza no seu estado orixinal.

Para poder manter a beleza e esencia natural do lugar e asegurar o desfrute do maior número posible de persoas ao longo do tempo, é imprescindible limitar o número de visitas que recibe diariamente.

É tamén esencial que os visitantes vaian acompañados dun guía con grupos reducidos para asegurar o cumprimento das normas e poder transmitir unha mensaxe adecuada sobre a conservación deste hábitat


24 de abr. de 2024

Dia da Familia 2024

Unha vez máis imos celebrar o día da famila.


Este ano contaremos coa actuación da compañía de teatro profesional "Roto de Descosida".

O público será a tripulación que se embarque nunha emocionante e divertida aventura no espectáculo de
teatro infantil "A Historia de Rata o Pirrata".

Nesta enérxica representación, seguiranse os pasos de Nazario, un buscavidas coa mirada posta no tesouro, e Rata, un rapaz valente cun soño: ser un auténtico pirata dos mares.


 

 

Ademáis haberá un agasallo para os socios e xogos populares.