25/04/2010

Excursión da asociación xuvenil Entroido


Datas: 15,16,17 de Maio de 2010
Lugar: Parque Natural de Arribes del Duero

Prezos por persoa:
  • Socios: 70 €
  • Non socios: 110 €
 O prezo Inclúe:



 O prezo non inclúe calquera outro servizo non especificado no apartado "O prezo inclúe"

Resume aproximado do itinerario:
  • Sábado: Saída da Feira ás 08:00, con parada no camiño para comer
  • Domingo: Ruta de sendeirismo
  • Luns: paseo en catamarán polo Douro
O prazo de inscripción remata o día 2 de maio
A excursión non se realizará se non se inscriben un mínimo de 20 persoas.

Máis información sobre o parque natural
http://www.arribes.net/
www.corazondelasarribes.com
http://www.elpais.com/static/viajero/castillaleon/turismo-fluvial/los-arribes.html
http://www.revistaiberica.com/rutas_y_destinos/cl/arribes.htm
http://www.sayago.com/arribes/index.html
 

22/04/2010

Día da nai



Dia: Domingo 2 de Maio

Este ano, para celebrar que o día da nai cadra o Domingo 2 de maio, haberá un campionato de chave ás 16:30 para nais.

Todas aquelas nais socias ou parella de socio que pasen polo centro cultural esa tarde terán un pequeno agasallo por cortesía da asociación.

13/04/2010

Máis Información sobre a ruta de sendeirismo

A ruta de sendeirismo que se vai realizar o próximo 24 de Abril vai a ser a seguinte:

PR-G 98: CANON DO SIL - SANTA CRISTINA


Esta rota transcorre por camiños e sendeiros, por paisaxes pretas dos pobos do entorno da capitalidade do concello de Parada de Sil, destacando os soutos de castiñeiros, as carballeiras, as viñas, os lameiros, os terreos de cultivo e hortas, os outeiros de uces e xestas, diversidade de árbores como os bidueiros, moroteiras (albedros), carballos.
E sobre todo os miradoiros sobre o Canón do Sil que son impresionantes O forno-sequeiro de Fondodevila, os muíños de Entreambosrios e Rabacallos e a destacar a arquitectura popular dos diferentes núcleos Rabacallos, Fondodevila, Sardela, Castro.
E o máis importante o Mosteiro de Santa Cristina unha xoia do románico do século XIII. da Ribeira Sacra

 
 







LONXITUDE DA RUTA:
Circular 17,1km.
2 bucles de 8.480m. e de 10.000m.( unión 650m.)
A ruta que se vai facer vai ser só o bucle NORTE, cun total de 10,5 Km.

Recorda que o prazo para apuntarse remata o domingo 18 de Abril

Evento en Facebook: http://www.facebook.com/home.php#!/event.php?eid=110405048981564

Información extraída de http://www.ribeirasacracm.org/base/galego/santacristina.html


04/04/2010

Sendeirismo ó canón do Sil



A Asociación Cultural A Feira organiza unha ruta de sendeirismo polo canón do río Sil con transporte en autocar, almorzo e xantar incluídos no prezo.

Data: Sábado 24 de Abril de 2010
Hora: Saída ás 08:00 do Centro Cultural

prazo de inscripción remata o 18 de Abril. É imprescindible pagar ó anotarse. O número de prazas é limitado, non aceptándose máis inscricións unha vez completado o aforo do autobús.

Hai que ter o recibo de socio pago para poder ir.

Prezos:
socio8 €
fillo de socio maior de 18 anos15 €
fillo de socio de 15 a 18 anos4 €
fillo de socio de ata 14 anosgratis
non socio15 €