21 de ago. de 2009

Excursión para nenos CANCELADA


A excursión para nenos ó parque natural Marcelle prevista para o día 29 de Agosto queda CANCELADA debido a que non se alcanzou o número mínimo de inscritos necesario para realizala.

19 de ago. de 2009

Excursión para maiores de 18 anos a Toledo e Ávila

A Asociación Cultural A Feira organiza a xa tradicional excursión para maiores de 18 anos para que os habitantes do barrio poidan coñecer diversos lugares da xeografía nacional e internacional.

Este ano as cidades escollidas son Toledo e Ávila.

A excursión realizarase os días 12 e 13 de Setembro

O prezo é 110 € para socios e 130 € para non socios. Este importe inclúe transporte en autocar, pensión compelta e guía turístico en destino.

O prazo para apuntarse remata o mércores 26 de Agosto.



panorámica de Toledo


O alcázar de Toledo



A cidade amurallada de Ávila

2 de ago. de 2009

Fin do campionato de Volei-praia

Unha vez finalizado o campionato de volei-praia con grande éxito de crítica e público, os gañadores foron "Os Troncosos", seguidos por "Os Rabuñadores" en segundo lugar.

A continuación unha selección das imaxes do torneo: