19/08/2009

Excursión para maiores de 18 anos a Toledo e Ávila

A Asociación Cultural A Feira organiza a xa tradicional excursión para maiores de 18 anos para que os habitantes do barrio poidan coñecer diversos lugares da xeografía nacional e internacional.

Este ano as cidades escollidas son Toledo e Ávila.

A excursión realizarase os días 12 e 13 de Setembro

O prezo é 110 € para socios e 130 € para non socios. Este importe inclúe transporte en autocar, pensión compelta e guía turístico en destino.

O prazo para apuntarse remata o mércores 26 de Agosto.



panorámica de Toledo


O alcázar de Toledo



A cidade amurallada de Ávila