28 de dec. de 2008

Asamblea Xeral Ordinaria

O próximo SÁBADO 10 DE XANEIRO de 2009 celebrarase no salón de actos do centro cultural a asamblea xeral ordinaria.

hora: 21:30 1ª Convocatoria, 22:00 2ª Convocatoria

Orde do día:
  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
  2. Estado actual de obras
  3. Estado de contas
  4. Obras realizadas e proxectos a realizar
  5. Cambio de directiva: reelección de SECRETARIO e 3 VOCAIS
  6. Rogos e preguntas

20 de nov. de 2008

Proxección de videos das excursións (Esgos e Lisboa)

Este Venres día 21 de Novembro no salón de actos do Centro Cutural, proxectaranse os videos do sendeirismo a Esgos (Ourense) e da excursión a Lisboa. Será a partir das 21:30 h.

31 de out. de 2008

30 de out. de 2008

XXIX CICLO CULTURAL A FEIRA 2008




DOMINGO 2 DE NOVEMBRO - XOGOS POPULARES
16:30 h. Xogos populares (Chave, petanca, corda, mariquita, trompo, canicas, etc.)

SÁBADO 8 DE NOVEMBRO - MAGOSTO E QUEIMADA
15:30 Saída ó monte na procura de productos típicos de Outono.
21:00 Magosto e actuación do grupo folclórico OS DE SEMPRE, rematando a festa cunha espectacular QUEIMADA.

DOMINGO 9 DE NOVEMBRO - SENDEIRISMO
09:00 Sendeirismo a festa do viño novo de Arantei (froita e auga para tódolos asistentes)

VENRES 14 DE NOVEMBRO - CHARLA/COLOQUIO
21:30 Charla coloquio a cargo da Federación Galega de Salvamento sobre primeiros auxilios.

SÁBADO 15 DE NOVEMBRO - ACTUACIÓN FOLK
21:30 Actuación do grupo folk TARXA de Castrelos

DOMINGO 16 DE NOVEMBRO - DEPORTE/INFANTIL
10:00 Marcha ciclista polas rúas do barrio.
12:00 Carreira de campo a través para os máis atrevidos.
16:30 Animación infantil (Grupo penedo do Rascacú)

VENRES 21 DE NOVEMBRO - VIDEOS ACTVIVIDADES
21:30 Proxevción dos videos do sendeirismo a Ourense e a excursión a Lisboa.

SÁBADO 22 DE NOVEMBRO - MAXIA CÓMICA
21:30 Actuación a cargo do grupo TROULA ANIMACIÓN.

VENRES 28 DE NOVEMBRO - GASTRONOMÍA
21:30 Conferencia sobre gastronomía e enoloxía, ó remate degustación dalgúns productos para os asistentes.

SÁBADO 29 DE NOVEMBRO - CLAUSURA
20:00 Concurso de viños, doces e tortillas.
20:30 Entrega de trofeos das actividades realizadas durante o ciclo cultural.
21:30 Clausura co grupo de teatro de Entenza.

21 de ago. de 2008

EXCURSIÓN A LISBOA

A directiva da A. C. A Feira informa que a excursión a Lisboa os vindeiros 13 e 14 de Setembro queda confirmada. Un total de 36 socios/as desprazaranse a unha das cidades máis importantes de Portugal para participar na tradicional exucursión para maiores.

Visitaremos Lisboa, Estoril, Cascais e Sintra, a directiva quere agradecer a participación dos socios/as.

11 de ago. de 2008

"OS PIRUBIAS" CAMPIÓNS DO VOLEI PRAIA

O pasado Sábado día 9 de Agosto rematou o III Campionato de Volei Praia onde participaron 9 equipos cun total de 63 socios/as participantes.

Os resultados das finais foron os sequintes;

Campións " OS PIRUBIAS"
Sub-campións "FRUTOPÍA NUN VOLEI TUM"
3º clasificados " OS POCHANCOS"
4º clasificados " TRONCOSO 1"

A Directiva da A.C. A Feira agrade o tódolos/as socios/as a súa participación.

EXCURSIÓN O ACUAPARK DE CERCEDA

O vindeiro Sábado día 23 de Agosto lavarase a cabo a tradicioanl excursión para os máis cativos, será o acuapark de Cerceda. Para anotarse so tendes que poñervos en contacto con calquera membro da directiva, e recordar que o prazo de incrición remata o Mércores 20 de Agosto.
Ademais tamen podedes avisar aos vosos amigos/as aínda que non sexan socios/as, so deben pagar a correspondente cota da excursión.

PREZOS:

Fillos de socios/as de 0-4 anos GRATIS
Non socios de 0-4 anos 3€.
Fillos de socios/as de 5-12 anos 4€.
Non socios de 5-12 anos 7€.
Adultos fillos de socios/as (maiores de 13 anos) 6 €.
Adultos non socios (maiores de 13 anos) 9€.

2 de maio de 2008

Fotos do teatro e sendeirismo

Temos dispoñibles as fotos de:
Para conseguilas podes falar coa directiva.

Se traes un CD é gratis.
Se temos que darche nós un CD cobrámosche solo o CD.




20 de abr. de 2008

Fotos de satélite no entroido

Parece ser que os do Google Maps andiveron renovando as fotos de satélite da nosa zona.
Vaia coincidencia que fosen a sacar as fotos xusto en carnaval.
Aquí tendes a mostra:




Pódese ver o bar de Jose, a caravana do sonido e algún vehículo máis.

Premio para os que se deron de conta da sombra do pau do medio.

18 de abr. de 2008

Calendario de actividades 2008

Calendario previsto de actividades para o ano 2008:

Recordámosvos que este calendario é provisional e pode sufrir cambios por imprevistos de última hora.















































data actividade
16 de MarzoDía do pai: xogo de chave e petanca
1 de MaioSendeirismo
4 de MaioDía da Nai: chave e petanca
29 de XuñoComida do socio
19 de XulloExcursión para nenos
25,26,27 de XulloExcursión asociación xuvenil
Xullo e AgostoCampionato de volei-praia e brilé sobre area
SetembroExcursión para maiores (de 18 anos)
5 de OutubroComida para socios maiores de 50 anos
1 de Novembro-6 de DecembroCiclo cultural 2008

Día da nai

Data: Domingo 4 de Maio

Homenaxe a tódalas nais socias ou parella de socio.

16:30 Campionato de chave e petanca para nais

ó remate do campionato, entrega de trofeos.

Obsequio para tódalas nais socias ou parella de socio que asistan.

Sendeirismo

Coma tódolos anos, vaise a celebrar un día de xornada deportiva realizando unha ruta de sendeirismo. Coma sempre, aproveitaremos a mañán para facer a ruta. A comida será nalgún lugar próximo e pola tarde si fai bo tempo farase algunha visita turística pola zona ou xogos ó aire libre.

Data: Xoves 1 de Maio
Ruta: Aínda non definida
Horarios: Saída do centro cultural ás 8:00, chegada ás 20:00 (aprox.)

O almorzo e xantar están incluidos no prezo.

O prazo de inscripción remata o 27 de Abril.
As pazas son limitadas. Unha vez cheas as prazas do autobús non se admitirán máis inscripcións.

PAGAR Ó ANOTARSE

PREZOS:

Socio con recibo ó día......................................5 €
Fillo de socio de 15 a 18 anos.........................3 €
Fillo de socio ata 14 anos................................Gratis
Non socio..........................................................12 €
Fillo de socio maior de 18 anos non socio....12 €

Teatro en Parderrubias

O próximo Sábado 26 de Abril, o grupo de teatro da Asociación Cultural A Feira presentará a obra de Suso de Toro "Unha Rosa é unha Rosa, unha comedia de medo" no centro cultural de Parderrubias (Salceda) ás 22:00.

14 de abr. de 2008

Amliada a rede Wifi

Xa se puxeron en marcha as dúas antenas que estaban pendentes de instalar. Finalmente as ubicacións elixidas foron Noveleira e Paxariña.
Proximamente instalarase outra antena nas Veiguiñas para mellorar a cobertura da rede.

13 de mar. de 2008

Renovando o centro cultural

Fai xa uns anos que o centro cultural precisaba duns amaños, así que recentemente procedeuse a realizar algunhas reformas necesarias:
  • Pintáronse as fachadas e o escudo.
  • Instalouse unha estufa de leña na cantina con saída de aire quente no salón de actos.
  • Ampliouse o escenario do salón de actos.
  • Instalouse un ordenador con acceso a Internet para uso dos socios.
  • Pintouse o salón de actos.

Proximamente fotos!

Wifi en marcha

Xa está instalado o servidor e a primeira antena da wifi. Esta primeira antena está no centro cultural.
De momento está todo en probas.

A seguinte fase vai ser facer medicións de alcance e buscar a mellor ubicación para as outras dúas antenas das que xa dispoñemos. De este modo ampliarase a cobertura ó maior alcance posible.

2 de feb. de 2008

webcam: o entroido 2008 en directo

pulsando no seguinte enlace podes acceder á cámara web situada no torreiro de festas da Feira:

http://entroidoafeira.axiscam.net:50000/view/index.shtml

29 de xan. de 2008

Nova Directiva

Na asamblea xeral ordinaria celebrada o pasado 26 de xaneiro, saíron elixidos os seguintes novos directivos:

Presidente: Joaquín Carracedo
Tesoureira: Nuria Fernández Iglesias
Vogal: Armando Fontán
Vogal: Andrés Veiga
Vogal: Manuel J. Rocha


10 de xan. de 2008

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

A directiva da asociación cultural A FEIRA convoca a tódolos socios á Asemblea ordinaria que se celebrará no salón de actos do centro o día SÁBADO 26 DE XANEIRO de 2008 ás 21:30 h en 1ª convocatoria e ás 22:00 h en 2ª convocatoria coa seguinte orde do día:

• Lectura e aprobación, si procede, da acta anterior.
• Instalación dunha rede Wifi.
• Estado de obras actuais.
• Estado de contas.
• Obras realizadas e proxectos a realizar.
• Cambio de directiva: saída e reelección de PRESIDENTE, TESOREIRO e 3 VOCAIS.
• Rogos e preguntas.

RECÓRDASE A TÓDOLOS SOCIOS QUE O PRAZO PARA EFECTUAR O PAGO DO RECIBO DE SOCIO CORRESPONDENTE O ANO 2008 REMATA O VINDEIRO 31 DE MARZO.