31/10/2009

Excursión Asociación Xuvenil



A Asociación Xuvenil organiza, os próximos días 5, 6 e 7 de decembro, unha excursión
ó parque Pena Aventura en Portugal para maiores de 18 anos.

PREZOS POR PERSOA:
SOCIOS 90 €
NON SOCIOS 130 €

O PREZO INCLÚE:
  • ALOXAMENTO
  • CENA DO SÁBADO
  • PENSIÓN COMPLETA DO DOMINGO
  • DESAIUNO E COMIDA DO LUNS
  • ACTIVIDADES: FANTASTICABLE E PAINTBAL


RESUMO APROXIMADO DA VIAXE:

  • Sábado 5: Saída da Feira ás 9:30 con parada para comer e visitar Braga.
  • Domingo 6: actividades no parque. baixada en fantasticable e torneo de paintball
  • Luns 7: Desaiuno, tempo libre, comida e regreso á Feira.
INSCRICIÓN ATA O 15 DE NOVEMBRO MINIMO PARA REALIZAR A EXCURSIÓN 20 PERSOAS

Esta excursión, como é habitual, realizarase con coches particulares, aportando a asociación unha axuda para combustible ós conductores.

Cando remate o prazo de inscipción, avisarase para facer unha reunión cos interesados e falar todos os temas relacionados coa viaxe.


FANTASTICABLE
O Fantasticable consiste num cabo com 1538m a uma altura de 150m, que liga os lugares de Lamelas e Bustelo, em que as pessoas podem “voar” nele a uma velocidade máxima de 130km/h, sendo considerado o maior Fantasticable do mundo!

No Fantasticable as pessoas serão presas a um cabo e deslizarão por ele de uma montanha para a outra a diferentes velocidades, tendo a sensação de que estão realmente a voar.

Para ver como é, clique aquí

21/10/2009

40 ciclo cultural 2009


Como cada ano, según se vai aproximando o mes de novembro, temos entre nós o ciclo cultural, que este ano chega á súa edición número 40.

Este ano tamén haberá, coma sempre, campionatos de Truco, Subasta, Tute, Birisca Feminina, Escoba, Dominó e Ping-Pong. Estes campionatos celebraranse durante todo o ciclo cultural. Para máis detalles consultar o taboleiro de anuncios do centro. Hai que recordar que nesta modalidade especial de campionato ten as súas peculiaridades, como é que os gañadores das partidas son os que pagan as consumicións dos perdedores na cantina.

A programación de actos é a seguinte:


DATA HORA ACTIVIDADE
SÁBADO 31 OUTUBRO 15:30 Saída ó monte na procura de productos típicos de outono (castañas, noces, cogumelos) acompañados por unha micóloga da zona
21:00 Magosto e degustación de productos típicos de outono
SÁBADO 7 NOVEMBRO 21:30 Monólogos representados polos veciños da Feira e Castro Barreiro
DOMINGO 8 NOVEMBRO 16:30 Xogos populares para nenos
SÁBADO 14 NOVEMBRO 22:00 Grupo de metal BEMETALS de Salceda
DOMINGO 15 NOVEMBRO 10:00 Marcha ciclista polas rúas do barrio, con sorte de agasallos entre os participantes
SÁBADO 21 NOVEMBRO 21:30 Grupo Folk TARXA de Castrelos
DOMINGO 22 NOVEMBRO 10:00 Sendeirismo dende o centro cultural ata San Cibrán, con almorzo no Padrán.
VENRES 27 NOVEMBRO 21:30 Proxección de vídeos e fotografías das actividades realizadas ó longo do ano
SÁBADO 28 NOVEMBRO 20:00 Concurso de viños, doces e tortillas
20:30 Entrega de premios e trofeos das distintas actividades e camionatos realizados durante o ciclo cultural
21:30 Grupo de teatro do CCS Castro Barreiro coa obra PACO JONES, DETECTIVE PRIVADO. Autor: José Cedena



Actuación de Bimetals na cervecería Groliños

Grupo folk TARXA


18/10/2009

Xantar para socios Maiores de 50 anos


Como xa ven sendo habitual chegando o mes de novembro, este ano tamén celebraremos o tradicional xantar para socios maiores de 50 anos. A continuación os detalles:

DOMINGO 15 DE NOVEMBRO
HORA: 14:00h.
LUGAR: SALÓN DA A.C. A FEIRA
INSCRICIÓN: ATA O 31 OUTUBRO


MENÚ:

* LAGOSTINOS COCIDOS E Á PRANCHA
* PESCADA Á ROMANA CON ENSALADA
* TENREIRA ASADA CON PATACAS E GUARNICIÓN
* PAN,VIÑO,POSTRE E CAFÉ.


SESIÓN BAILE Ó REMATALA COMIDA

Prezo: 25 € POR PERSOA


MINIMO 30 PERSOAS PARA REALIZAR A COMIDA

PAGAR NO MOMENTO DA INSCRICIÓN

17/10/2009

Comenzo do curso de bailes de salón


O martes día 20 de Outubro comenzarán as clases de bailes de salón.
A duración aproximada do curso será ata o mes de Xuño de 2010.

As clases serán tódolos martes ás 22:30

O peezo mensual é de 15 € por persoa para socios e 20 € por persoa para non socios.