21 de out. de 2009

40 ciclo cultural 2009


Como cada ano, según se vai aproximando o mes de novembro, temos entre nós o ciclo cultural, que este ano chega á súa edición número 40.

Este ano tamén haberá, coma sempre, campionatos de Truco, Subasta, Tute, Birisca Feminina, Escoba, Dominó e Ping-Pong. Estes campionatos celebraranse durante todo o ciclo cultural. Para máis detalles consultar o taboleiro de anuncios do centro. Hai que recordar que nesta modalidade especial de campionato ten as súas peculiaridades, como é que os gañadores das partidas son os que pagan as consumicións dos perdedores na cantina.

A programación de actos é a seguinte:


DATA HORA ACTIVIDADE
SÁBADO 31 OUTUBRO 15:30 Saída ó monte na procura de productos típicos de outono (castañas, noces, cogumelos) acompañados por unha micóloga da zona
21:00 Magosto e degustación de productos típicos de outono
SÁBADO 7 NOVEMBRO 21:30 Monólogos representados polos veciños da Feira e Castro Barreiro
DOMINGO 8 NOVEMBRO 16:30 Xogos populares para nenos
SÁBADO 14 NOVEMBRO 22:00 Grupo de metal BEMETALS de Salceda
DOMINGO 15 NOVEMBRO 10:00 Marcha ciclista polas rúas do barrio, con sorte de agasallos entre os participantes
SÁBADO 21 NOVEMBRO 21:30 Grupo Folk TARXA de Castrelos
DOMINGO 22 NOVEMBRO 10:00 Sendeirismo dende o centro cultural ata San Cibrán, con almorzo no Padrán.
VENRES 27 NOVEMBRO 21:30 Proxección de vídeos e fotografías das actividades realizadas ó longo do ano
SÁBADO 28 NOVEMBRO 20:00 Concurso de viños, doces e tortillas
20:30 Entrega de premios e trofeos das distintas actividades e camionatos realizados durante o ciclo cultural
21:30 Grupo de teatro do CCS Castro Barreiro coa obra PACO JONES, DETECTIVE PRIVADO. Autor: José Cedena



Actuación de Bimetals na cervecería Groliños

Grupo folk TARXA