22 de feb. de 2009

CONCURSO DISFRACES

Convidamos a tódolos/as nenos/as a participar no concurso de disfraces que se vai a celebrar o luns de carnaval no torreiro de festas. A hora prevista para empezar, é as sete da tarde. O xurado elixirá ós tres mellores disfraces que serán premiados cun agasallo.

Que disfrutedes deste entroido.
A Directiva 2009.

7 de feb. de 2009

TRANSFERENCIA RECIBO SOCIOS/AS

Informámoslle que se pode pagar o recibo de socio/a através de transferencia bancaria, os interesados/as en formalizar o pago deste xeito, poden solicitar o número da conta corrente da Asociación ós membros da Directiva.
Indicar tamén que os gastos que teña a transferencia serán a cargo do socio/a.
A Directiva 2009.

Aviso Usuarios/as Wifi


Aviso
A Directiva da A.C. A FEIRA, comunícalle ós usuarios/as da Wifi que o prazo para efectuar o pago do recibo correspondente ó ano 2009, remata o vindeiro día 31 de Marzo.

COTA ANUAL 30 €

Sen outro particular, reciba un cordial saúdo da Directiva da A.C. A FEIRA.
DIRECTIVA 2009

5 de feb. de 2009

Proba de lista de correo

Esta entrada é unha proba para comprobar que as entradas do blog acafeira.blogspot.com se envían correctamente por correo electrónico de forma automática a tódolos socios inscritos na lista de correo

4 de feb. de 2009

Calendario de actividades

Existe un calendario público de Google Calendar no que iremos poñendo as actividades que se van a ir desenrolando durante o ano.
O calendario é acafeira@gmail.com