13/12/2013

Subasta da cantina


O próximo Domingo 22 de Decembro procederase á subasta da cantina do centro cultural.

Todos aqueles interesados poden consultar máis información sobre a subasta, así coma  unha copia do contrato no taboleiro de anuncios do centro cultural.

14/11/2013

Bingo 2014


O domingo 17 de novembro ás 19:30 empeza a temporada de Bingos na Feira.
A xogar...

26/10/2013

Ciclo cultural 2013


Amodiño, amodiño vai chegando o inverno, e así como se acerca, anúncianos o Ciclo Cultural da Feira.

A programación de actos é a seguinte:


DATA HORA ACTIVIDADE
SÁBADO 2 NOVEMBRO 16:00  Saída ó monte na procura de productos típicos de outono (castañas, noces, cogumelos) acompañados por unha micóloga da zona
21:00  Magosto e degustación de productos típicos de outono
DOMINGO 3 NOVEMBRO 9:30  Marcha ciclista polas rúas do barrio, con sorte de agasallos entre os participantes
VENRES 9 NOVEMBRO 22:00  Charla e cata-degustación de viño ecolóxico Corisca
SÁBADO 9 NOVEMBRO 22:00  Grupo de teatro de Castro Barreiro.
"El conde de burra regresa de las cruzadas"
"O chourizo enmascarado"
"O Niceto e a Leoncia"
DOMINGO 10 NOVEMBRO 9:30 Sendeirismo polos penedos da zona, con parada para o almorzo.
VENRES 15 NOVEMBRO 22:00 Charla sobre apicultura
SÁBADO 16 NOVEMBRO 22:00  Osiris Teatro
"Old Saybrook" de Woody Alen
DOMINGO 17 NOVEMBRO 18:00  Banda de música xuvenil de Salceda
VENRES 22 NOVEMBRO22:00 Charla sobre a poda de frutais
SÁBADO 23 NOVEMBRO22:00 Grupo de teatro
DOMINGO 24 NOVEMBRO16:30 Xogos tradicionais, pintura de cara e hinchables para os nenos do barrio
17:30Presentación do libro de Suso Vaqueiro 
"Cando fun neno, retazos da memoria"
VENRES 29 NOVEMBRO 21:30  En busca do tesouro. Para maiores de 16 anos.
Para participar apuntarse en grupos de 4 a 6 participantes antes do día 23
SÁBADO 30 NOVEMBRO 21:00 Concurso de viños, doces e tortillas
21:30 Entrega de premios e trofeos das distintas actividades e camionatos realizados durante o ciclo cultural
22:00 Grupo de teatro de Alxén
"Pensión completa ou media pensión"


Vista aérea da Feira no ano 2005 - Arquivo Fotográfico A.C. A Feira



07/09/2013

Taller de memoria



Dende o mes de outubro de 2013 ata febreiro de 2014 imos realizar un taller de memoria para socios maiores de 60 anos.

Será os mércores de 16:30 a 18:00

Prezo: 6€ por persoa

Inscrición ata o 22 de outubro no centro cultural

Para que a actividade se leve a cabo deben apuntarse un mínimo de 10 persoas.

06/09/2013

Clases de percusión

A partir do mes de setembro realizarase no centro cultural A Feira un curso de percusión

Día: os venres ás 22:00

Prezo: para socios 12,5 € por mes, para non socios 17,5 € por mes

Importante anotarse no centro cultural para ver si reunimos o grupo mínimo

As clases darán comenzo o vindeiro 25 de setembro.


curso de iniciación á informática


A partir do mes de outubro realizarase no centro cultural A Feira un curso de iniciación á informática e novas tecnoloxías.

DÍAS: Mércores de 20:30 a 22:00

As clases darán comenzo o mércores 3 de outubro

Apúntate no centro cultural.

31/08/2013

Excursión para maiores de 18 anos a Portugal


Data: 28 e 29 de Setembro do 2013

Destino: NORTE DE PORTUGAL: Amarante, Peso da Regua, Lamego, Vila Real.

Prezo: socios 105 €, non socios 130 €

O prezo inclúe viaxe en autocar, pensión completa, seguro de viaxe, guía acompañante e unha viaxe en barco.

O prazo de inscrición remata o 15 de setembro. Pagar ó anotarse.


Aerobic e mantemento corporal



A partir do mes de setembro reanúdanse no centro cultural as clases de aerobic e mantemento corporal.

Días: Martes e xoves ás 22:00

Prezo: Socios 15 €/mes, Non socios 20 €/mes

IMPORTANTE anotarse no tabloleiro de anuncios do centro cultural para saber si reunimos o grupo mínimo.

As clases darán comenzo o martes 17 de setembro

Imprescindible traer roupa cómoda e unha esterilla.

Clases de gaita



A partir do mes de setembro reanúdanse no centro cultural as clases de gaita galega.
Non se requiren coñecementos previos. Nivel principiante.

As clases serán os mércores ás 22:00

Prezos: Socios 12,5 €/mes. Non socios 17,5 €/mes

As clases comenzarán o mércores 4 de setembro

Apúntate na lista que hai no taboleiro do centro cultural, a ver si xuntamos a xente suficiente.

17/08/2013

Ano 2003: a excursión a Somiedo

Parece que foi onte, pero pasaron xa 10 anos desde unha mítica excursión da asociación xuvenil a terras asturianas, en xullo de 2003.

Era un  experimento que a asociación xuvenil non fixera nunca: xuntar un grupo de mozos e ir de excursión durante unha fin de semana enteira. Destino: a montaña asturiana.
Pero había poucos cartos, así que a solución pasaba por 2 novidades: transporte en coches particulares e durmida en albergue.
¿Funcionou o experimento? Pois calquera dos que estivemos alí pódevos confirmar que si. Foi unha agradable experiencia de convivencia coa natureza, reencontro co folklore e práctica deportiva, a base de rappel e sendeirismo extremo (malditos 100 metros).

E como mostra do bo ambiente e agradables momentos vividos nese intercambio de culturas galaico-astures van unhas cantas fotos para que a nostalxia nos recorde o agradable que resulta compartir momentos de lecer entre amigos.


Unha paradiña pa almorzar


 
Cuidado, Obstáculos na calzada

Chegada ó albergue de Saliencia



Deporte extremo: rappel en fachada de albergue





OS DE SEMPRE en plena actuación


Para rematar ben o día: queimada galega

Os famosos 100 metros.

O segundo día foi o día do sendeirismo polos lagos de Saliencia. Xa íbamos cansados de todo un día de camiñata cando o guía nos propuxo que, se subiamos un pouco máis montaña arriba, poderíamos contemplar unhas bonitas paisaxes. ¿E queda moi lonxe? - A cien metros.
Media hora despois... ¿falta moito? - Unos cien metros por terreno llano.
Logo dunha intensa camiñada na que houbo que parar a descansar varias veces, por unha subida de que me leve Zeus se non parecemos cabras ... ¿Pero aínda está moi lonxe? - No, quedan unos cien metros.
Despois de recorrer MOITOS tramos de 100 metros subindo pendentes porriba das pedras, ó fin de tanto esforzo, unha paixase que fai que todo ese esforzo pague a pena: Lago del Valle, e ó lado o pobo, chamado Valle del Lago.

Aínda hoxe, ó carón do lume da estufa do teleclúb, nas noites de treboada no inverno, se escoitan lendas e historias sobre aquela viaxe que un grupo de mozos intrépidos realizaron naquela lonxana época na que aínda non sabiamos pronunciar a palabra crise. ¿Seremos quen de repetir algún dia aquela aventura?


Ruta de sendeirismo polos lagos de Saliencia











A recuperar forzas despois da camiñata

Pero....  ¿QUE....?

O cociñeiro que fritía as patatas en grasa

¿Que peza tocamos?   A DE SEMPRE












19/07/2013

Campionato de volei sobre area


Xa chegou a edición deste ano do campionato de verán de volei praia.
Este ano o campionato comenzará o 29 de Xullo. Os partidos xogaranse de luns a venres
  • Os equipos deben ser mixtos cun mínimo de 5 e un máximo de 8 integrantes.
  • Tódolos xogadores deben cumplir unha das seguintes condicións:
    • Ser socio/a
    • Ser fillo/a de socio/a e ter entre 12 e 18 anos
  • Os equipos teñen que apuntarse na lista que está no taboleiro de anuncios da asociación ata o día 21 de Xullo.
  •  Non se aprazarán partidos
O  calendario dos partidos publicarase cando se faga o sorteo.

HABERÁ PREMIO PARA OS GAÑADORES


28/06/2013

comida do socio 2013


Un ano máis chega o momento de celebrar a unión do barrio mediante a tradicional festa do socio.

Data e lugar: domingo 14 de xullo nos agoeiros.

ACTIVIDADES:

11:00  parva: augardente con figos para todos os maiores de idade
12:00  partido de fútbol entre solteiros/as e casados/as.
14:00  comida
17:00   xogos tradicionais: chave, corda, carreira de sacos, pincha…



MENÚ:
  • churrasco con criollos
  • pan
  • viño
  • café
  • postre

PREZOS:

socios, e fillos de socios de 15 a 17 anos 4 €
fillos de socios menores de 14 anos  gratis
non socios maiores de 14 anos    15 €
non socios menores de 14 anos 8 €

prazo de inscripción: ata o 7 de xullo na a.c. a feira.

condicións:
  • ter o recibo de socio ó corrente.
  • cada comesal debe traer os platos, vasos, tenedores, etc.               
Actuará o grupo folklórico "OS DE SEMPRE"
    pagar no momento de anotarse