30/12/2014

Curso de Conservación de Alimentos e Conservas Artesanais


Data: os mércores de 16:00 a 19:00
Data de inicio: 23 de Xaneiro

Para mulleres maiores de 18 anos, tanto socias como non socias

Prezo: 6 €

Para poder facer a actividade precísase un mínimo de 15 mulleres.


As interesadas deberán anotarse no centro cultural.


24/11/2014

Lotería de Nadal: 39098

Temos participacións de 5 € do número 39098 para a lotería de nadal.
Se che interesa compartir a sorte, ponte en contacto coa directiva.

21/11/2014

Obradoiros, teatro e diversión para nenos

As actividades que temos esta próxima fin de semana:

Venres 21 de novembro 20:00 2º obradoiro de elaboración de centros de nadal
Sábado 22 de novembro 22:00 Grupo de teatro do centro cultural de Castro Barreiro. Obra: "Os tres grandes sinvergüenzas"
Domingo 23 de novembro 16:30 Hinchables para os nenos do barrio. Gratuito para fillos de socios. Fillos de non socios: 5 €
17:30 Mago Fran

13/11/2014

Obradoiro, teatro e música

Seguimos en pleno ciclo cultural.

Esta fin de semana temos as seguintes actividades:






04/11/2014

Ciclo cultural: actividades próximas

Esta fin de semana comenza o ciclo cultural 2014, coas seguintes actividades:

As Donicelas



DATA HORA ACTIVIDADE
Ventres 7 de Novembro 22:00 Donicelas en concerto
Sábado 8 de novembro 16:00 Saída ó monte na procura de productos típicos do outono (castañas, noces e cogumelos) acompañados por unha micófila da zona
21:00 Magosto e degustación de productos típicos de outono
Domingo 9 de novembro 9:00 Marcha ciclista polas rúas do barrio, con sorteo de agasallos entre os participantes

02/11/2014

Ciclo cultural 2014


As Donicelas



DATA HORA ACTIVIDADE
Ventres 7 de Novembro 22:00 Donicelas en concerto
Sábado 8 de novembro 16:00 Saída ó monte na procura de productos típicos do outono (castañas, noces e cogumelos) acompañados por unha micófila da zona
21:00 Magosto e degustación de productos típicos de outono
Domingo 9 de novembro 9:00 Marcha ciclista polas rúas do barrio, con sorteo de agasallos entre os participantes
Ventes 14 de novembro 20:00 1º obradoiro de elaboración de centros de nadal
Sábado 15 de novembro 22:00 Grupo de teatro do centro cultural e social de Soutelo. Obra: "Os diamantes"
Domingo 16 de novembro 17:30 Actuación da banda de música xuvenil de Salceda
Venres 21 de novembro 20:00 2º obradoiro de elaboración de centros de nadal
Sábado 22 de novembro 22:00 Grupo de teatro do centro cultural de Castro Barreiro. Obra: "Os tres grandes sinvergüenzas"
Domingo 23 de novembro 16:30 Hinchables para os nenos do barrio. Gratuito para fillos de socios. Fillos de non socios: 5 €
17:30 Mago Fran
Venres 28 de novembro 21:30 Rastrexo de habilidade para maiores de 16 anos. Para participar anotarse por grupos de 4 a 6 participantes antes do día 23 de novembro.
Sábado 29 de novembro 21:00 Concurso de viños, doces e tortillas
21:30 Entrega de premios e trofeos das actividades realizadas durante o ciclo cultural
22:00 Teatro a cargo do grupo de Alxén. Obra: "Unha de romanos"

01/09/2014

Excursión para maiores de 18 anos


Data: 20 e 21 de setembro de 2014

Destino: Castela-León








Día 20: Saída destino Las Médulas, visita a Ponferrada e xantar. Visita a Jiménez de Jamuz (Pobo Alfarero). Cea e aloxamento en La Bañeza.



Dia 21: Visita a Astorga e Castillo de los Polvazares. Xantar típico da zona e regreso.

PREZO: Socios 105 € por persoa con mínimo de 30 persoas anotadas. No caso de anotarse máis de 35 sairía en 100€.
Non socios: 135 €.

O prezo inclúe viaxe en autocar, guía acompañante, seguro de viaxe e pensión completa en habitación doble.

O prazo de inscrición remata o 7 de setembro. Anotarse no centro cultural.

Pagar ó anotarse.

13/08/2014

Curso de cestería


Estamos preparando un curso de cestería para socios maiores de 60 anos.

O curso será os venres de 4 a 6 da tarde, de Outubro de 2014 a Xaneiro de 2015.

Prezo: 6 €/mes

Inscripción no tablón de anuncios do centro ata o 4 de Setembro.

Precísase un mínimo de 15 inscritos para poder realizar a actividade.


14/07/2014

Capionato de Volei sobre area


Xa chegou a edición deste ano do campionato de verán de volei praia.

Este ano o campionato comenzará o 28 de Xullo. Os partidos xogaranse de luns a venres
  • Os equipos deben ser mixtos cun mínimo de 5 e un máximo de 8 integrantes.
  • Tódolos xogadores deben cumplir unha das seguintes condicións:
    • Ser socio/a
    • Ser fillo/a de socio/a e ter entre 12 e 18 anos
  • Os equipos teñen que apuntarse na lista que está no taboleiro de anuncios da asociación ata o día 23 de Xullo.
  •  Non se aprazarán partidos
O  calendario dos partidos publicarase cando se faga o sorteo e se publique o calendario, despois de pechar as inscricións.

HABERÁ PREMIO PARA OS GAÑADORES


06/07/2014

Comida do Socio 2014



Un ano máis chega o momento de celebrar a unión do barrio mediante a tradicional festa do socio.

Data e lugar: domingo 13 de xullo nos agoeiros.



MENÚ:
  • churrasco con criollos e chourizos
  • pan
  • viño
  • café
  • postre

PREZOS:

socios, e fillos de socios de 15 a 17 anos 5 €
fillos de socios menores de 14 anos  gratis
non socios maiores de 14 anos    15 €
non socios menores de 14 anos 8 €

prazo de inscripción: ata o 6 de xullo na a.c. a feira.

condicións:
  • ter o recibo de socio ó corrente.
  • cada comesal debe traer os platos, vasos, tenedores, etc.               
Actuará o grupo folklórico "OS DE SEMPRE"
    pagar no momento de anotarse


    21/06/2014

    Fogueira de San Xoán


    A  A.C. A Feira convida tódolos socios/as á fogueira de San Xoán o vindeiro luns 23 de xuño a partir das 22:30

    Como é tradición, faremos a fogueira e unha sardiñada acompañada de pan e viño para tódolos socios presentes.

    O acontecemento estará amenizado polo grupo de gaitas "Os de sempre"

    Prezo para non socios: 4 €

    Gracias a todos por participar.

    23/05/2014

    Excursión en familia

    O próximo 14 de Xuño faremos unha excursión ó parque eólico experimental de Sotavento, na serra da loba (A Coruña)

    Prezos para socios:  15 €  adultos, gratis para fillos de socio menores de 18 anos.
    Prezos para non socios: 20 €  adultos, 15 € nenos.

    Os nenos menores de 5 anos deben ir acompapados dun adulto.

    Prazas limitadas a 2 autobuses

    Data límite para anotarse: 8 de xuño

    Cada un debe levar a súa propia comida.





    13/05/2014

    Andaina a San Cibrán

    A Asociación Xuvenil Entroido organiza unha subida a San Cibrán tradicional a pé.

    Cando: O día de San Cibrán, Domingo 25 de Maio

    10:00 Saída do centro cultural
    12:00 Parada a almorzar unha peza de Froita
    14:00 Chegada a San Cibrán.
    14:30 Comida campestre con tortilla, empanada, bocata de xamón asado, auga, viño, café e postre.


    Prezo: Se tes 13 anos  ou máis: 10 €
               Ata 12 anos: 5 €

    Inscricións ata o 18 de maio na cantina do centro cultural e na tenda de Mitos.

    08/05/2014

    Clases de gaita galega



    Ábrese o prazo de inscricición para as clases de gaita galega.

    Todos os niveis:
    • Principiante
    • Intermedio
    • Perfeccionamento

    As clases serán os mércores ás 22:00

    Prezos: Socios 12 €/mes. Non socios 17 €/mes


    IMPORTANTE: Apuntarse no centro cultural, a ver si xuntamos a xente suficiente.

    02/05/2014

    Día da Nai




    O próximo domingo día 4 de maio, ás 17:00 celebraremos o día da nai.

    Haberá un campionato de chave e xogos de habilidade para tódalas nais socias que desexen participar.

    Tamén haberá campionato de petanca para todos aqueles/as que queiran participar.

    E como aliciente á participación haberá un detalle para tódalas nais socias que se acheguen polo centro.

    25/04/2014

    Sendeirismo Cangas


    O próximo DOMINGO 11 de Maio  faremos unha ruta de sendeirismo por CANGAS DO MORRAZO


    Sairemos ás 8:30 do centro cultural, con traslado en autobús

     O prazo de inscrición remata o domingo 24 de ABRIL

    PREZOS:
    Socios co recibo de 2016 pagado            10 €
    Fillos de socios menores de 14 anos       5 €
    Non socios                                             20 €
    Non socios menores de 14 anos            15 €

    O prezo inclúe almorzo ( auga e bocadillo) e xantar en restaurante.

    Importante levar protección solar e gorra.

    A ruta consta  de aproximadamente 9 km de dificultade media-alta
    con posibilidade de facer un tramo sinxelo para persoas maiores, carros...







    26/03/2014

    Éxito de público na celebración do día do pai

    O pasado 23 de Marzo celebramos, coma tódolos anos, o día do pai.

    Nesta ocasión os concursos de habilidade volveron a por a pacencia dos nosos socios a proba.













    19/02/2014

    Asamblea Xeral Extraordinaria

    A directiva da Asociación Cultural A Feira convoca a tódolos/as socios/as á ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA que se celebrará no salón de actos do centro o día SÁBADO 22 DE FEBREIRO DE 2014 ás 21:30 en primeira convocatoria e ás 22:00 en 2ª convocatoria para tratar a seguinte orde do día:

    • Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
    • Renuncia ó cargo do presidente electo.
    • Amplialos anos para volver saír elixido de novo para algún cargo directivo
    • Aluger do galpón para comidas
    • Rogos e Preguntas
    Dada a importancia dos temas a tratar solicitamos a asistencia de tódolos/as socios/as.

    01/02/2014

    Asamblea Xeral Ordinaria

    Convócase a tódolos socios á asamblea xeral ordinaria que se celebrará no salón de actos do centro o próximo Sábado 8 de Febreiro de 2012 ás 21:00 en primeira comvocatoria e ás 21:30 en segunda convocatoria para tratar a seguinte orde do día:

    • Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
    • Estado de contas
    • Proposta de adquisición dun elevador salvaescaleiras
    • Obras realizadas e proxectos a realizar
    • Cambio de directiva: elección de presidente, tesoureiro e 3 vocais
    • Rogos e preguntas

    Prégase a asistencia de tódolos socios

    04/01/2014

    Festa de reis e guateque


    O próximo 5 de Xaneiro terá lugar a tradicional cabalgata de reis no recinto da A.C. A Feira, chegando as súas maxestades ás 7 da tarde.

    Posteriormente os reis magos visitarán o belén vivinte e escoitarán as peticións de regalos de tódolos nenos do barrio.

    Para finalizar a cabalgata haberá unha actuación sorpresa protagonizada polos nenos do barrio.

    Xa á noite, a partir da 1:30 gran guateque no galpón con regalos, música, ...

    Entrada gratis !