28/03/2016

senderismo cangas 2016


O próximo DOMINGO 8 de Maio  faremos unha ruta de sendeirismo porCANGAS DO MORRAZO ruta PRAIA DE NERGA-CABO HOME.


Sairemos ás 8:30 do centro cultural, con traslado en autobús

 O prazo de inscrición remata o domingo 24 de ABRIL

PREZOS:
Socios co recibo de 2016 pagado            10 €
Fillos de socios menores de 14 anos       5 €
Non socios                                             20 €
Non socios menores de 14 anos            15 €

O prezo inclúe almorzo ( auga e bocadillo) e xantar en restaurante.

Importante levar protección solar e gorra.

A ruta consta  de aproximadamente 9 km de dificultade media-alta
con posibilidade de facer un tramo sinxelo para persoas maiores, carros...

18/03/2016

Curso de sulfatos para socios



CURSO DE APLICADOR DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS

NIVEL BÁSICO 

PARA SOCIOS

 

 Curso de 25 horas presenciais
 Grupo mínimo: 25 persoas, máximo30 persoas
 Prezo:  55 € taxas incluidas

O curso impartirase no salón do centro os días 14,15, 21 e 22 de Maio

             
    
Sábados de 9:30 a 13:30 e de 13:30 a 20:00
Domingos de 9:00 a 14:00

O examen farase o último día de clase no centro cultural.

Inscripción ata completar as 30 plazas co DNI e pagando os 55 €.

Curso para socios





13/03/2016

Paga o teu recibo, socio


Recordámosvos que están ó cobro os recibos correspondentes ó ano 2016.

O próximo 31 de marzo remata o prazo para pagalo e aqueles socios que non paguen o seu recibo antes desa data terán que afrontar un recargo do 20%.

Lembra que as aportacións dos socios son necesarias para que a asociación poida levar a cabo tódalas actividades programadas ó longo do ano, que son moitas.


Se eres estudiante temos unha tarifa especial reducida. ¡ Non tes escusa pa non colaborar !

08/03/2016

DIA DO PAI 2016



O próximo domingo 20 de marzo celebraremos o día do pai 2016 coas seguintes actividades.
  • Campionato de chave
  • Campionato de petanca
Ademáis haberá xamón e viño para tódolos pais socios que asistan.

¡Anímate e participa!