29 de set. de 2010

Primeira Festa Gastronómica do Corzo


O próximo día 10 de Outubro celebrarase no torreiro de festas da Concepción a primeira festa gastronómica do corzo.

Empezaranse a servir racións a partir das 10 da mañá.

Haberá carpa por si acaso chove.

Podes pedir a ración para levar.

28 de set. de 2010

Clases de Bailes de Salón


Despois do éxito das edicións anteriores, volve unha nova edición das clases de bailes de salón.

Todos aqueles interesados en asistir poden apuntarse na lista que hai no tabloleiro de anuncios do Centro Cultural.

24 de set. de 2010

Síguenos en Twitter


Xa estábamos tardando, pero por fin podes seguir a actividade da Asociación Cultural a feira en twitter:
twitter.com/acafeira

13 de set. de 2010

Manifestación Sábado 18

GRAN MANIFESTACIÓN CONTRA O TRASLADO DOS SERVIZOS SANITARIOS DOS SÁBADOS POLA MAÑÁN DE SALCEDA

O 18 de setembro do presente ano, en Salceda de Caselas haberá unha gran manifestación en protesta polo traslado dos servizos médicos dos sábados pola mañán ó Concello de O Porriño empezando ás 12 horas na Praza da Devesa, pasando polas seguintes rúas: Vigo, Avda. Galicia, Joaquín Fernández Sestelo, Compostela, Rafael Tilve Adrio, Victoriano Pérez Vidal e con finalización ás 14 horas ( 2 horas de duración) na Praza do Concello
O obxectivo de dita concentración é reclamar a reposición dos servizos médicos no centro médico de Salceda ós sábados pola mañán.
En dita concentración e manifestación estimase un participación cércana ás 2000 persoas.
A plataforma convócante, composta das asociacións de veciños de todas Salceda e a Asociación de Xubilados e Pensionistas levou a cabo varias actuacións para intentar que o Sergas repuxese o servizo, sen éxito ata o de momento. Colocaron unha serie de carteis para informar á poboación deste traslado, xa que o Sergas tomou a decisión “da noite para a mañán”, non dando a información necesaria á cidadanía. Colocaron tamén unha pancarta reivindicando a marcha atrás nesta decisión. Por outra banda lograron que o Pleno do Concello de Salceda de Caselas aprobara por unanimidade unha moción na que se instaba ó Sergas á reposición do servizo. Tamén recolleron máis de dúas mil firmas que se presentaron da Dirección Provincial deste organismo o mesmo día que o Xerente de atención Primaria recibiu a un representante de cada asociación que integran a plataforma, ó alcalde de Salceda e a un representante de cada partido político onde se lles comunicou que este traslado era “beneficioso” para a poboación de Salceda xa que os médicos terían unha mellor disposición para aprender a utilizar novos aparellos sanitarios. Por último celebrouse no auditorio municipal de Salceda unha asemblea informativa, á que asistiron unhas 300 persoas, onde se aprobou convocar esta manifestación
Esta plataforma que re deixar claro que os motivos que alega o Sergas son totalmente insuficientes para o traslado do servizo e que este organismo claudicou ós intereses do persoal sanitario co único obxectivo de facer menos guardas ós sábados pola mañá. Non haberá máis maquinaria sanitaria utilizable no PAC de O Porriño xa que o persoal que manexa estes utensilios non traballa ós sábados pola mañán e os realmente prexudicados é a xente de Salceda, sobre todo as persoas maiores, incapacitados e xente sen transporte particular.
En Salceda de Caselas, a 13 de setembro de 2010
Asinado:
Asociación de Veciños Caselas,
Asociación de Veciños Carballeira de Picoña
Asociación de Veciños de San Xorxe
Asociación de Veciños, Agrícola e Cultural San Tomé de Parderrubias
Asociación de Veciños Escola da Feira.
Asociación de Xubilados e Pensionistas de Salceda