13 de set. de 2010

Manifestación Sábado 18

GRAN MANIFESTACIÓN CONTRA O TRASLADO DOS SERVIZOS SANITARIOS DOS SÁBADOS POLA MAÑÁN DE SALCEDA

O 18 de setembro do presente ano, en Salceda de Caselas haberá unha gran manifestación en protesta polo traslado dos servizos médicos dos sábados pola mañán ó Concello de O Porriño empezando ás 12 horas na Praza da Devesa, pasando polas seguintes rúas: Vigo, Avda. Galicia, Joaquín Fernández Sestelo, Compostela, Rafael Tilve Adrio, Victoriano Pérez Vidal e con finalización ás 14 horas ( 2 horas de duración) na Praza do Concello
O obxectivo de dita concentración é reclamar a reposición dos servizos médicos no centro médico de Salceda ós sábados pola mañán.
En dita concentración e manifestación estimase un participación cércana ás 2000 persoas.
A plataforma convócante, composta das asociacións de veciños de todas Salceda e a Asociación de Xubilados e Pensionistas levou a cabo varias actuacións para intentar que o Sergas repuxese o servizo, sen éxito ata o de momento. Colocaron unha serie de carteis para informar á poboación deste traslado, xa que o Sergas tomou a decisión “da noite para a mañán”, non dando a información necesaria á cidadanía. Colocaron tamén unha pancarta reivindicando a marcha atrás nesta decisión. Por outra banda lograron que o Pleno do Concello de Salceda de Caselas aprobara por unanimidade unha moción na que se instaba ó Sergas á reposición do servizo. Tamén recolleron máis de dúas mil firmas que se presentaron da Dirección Provincial deste organismo o mesmo día que o Xerente de atención Primaria recibiu a un representante de cada asociación que integran a plataforma, ó alcalde de Salceda e a un representante de cada partido político onde se lles comunicou que este traslado era “beneficioso” para a poboación de Salceda xa que os médicos terían unha mellor disposición para aprender a utilizar novos aparellos sanitarios. Por último celebrouse no auditorio municipal de Salceda unha asemblea informativa, á que asistiron unhas 300 persoas, onde se aprobou convocar esta manifestación
Esta plataforma que re deixar claro que os motivos que alega o Sergas son totalmente insuficientes para o traslado do servizo e que este organismo claudicou ós intereses do persoal sanitario co único obxectivo de facer menos guardas ós sábados pola mañá. Non haberá máis maquinaria sanitaria utilizable no PAC de O Porriño xa que o persoal que manexa estes utensilios non traballa ós sábados pola mañán e os realmente prexudicados é a xente de Salceda, sobre todo as persoas maiores, incapacitados e xente sen transporte particular.
En Salceda de Caselas, a 13 de setembro de 2010
Asinado:
Asociación de Veciños Caselas,
Asociación de Veciños Carballeira de Picoña
Asociación de Veciños de San Xorxe
Asociación de Veciños, Agrícola e Cultural San Tomé de Parderrubias
Asociación de Veciños Escola da Feira.
Asociación de Xubilados e Pensionistas de Salceda