20/01/2012

Asamblea xeral Ordinaria

Convócase a tódolos socios á asamblea xeral ordinaria que se celebrará no salón de actos do centro o próximo Sábado 28 de xaneiro de 2012 ás 21:00 en primeira comvocatoria e ás 21:30 en segunda convocatoria para tratar a seguinte orde do día:

  • Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
  • Estado das obras actuais
  • Estado de contas
  • Obras realizadas e proxectos a realizar
  • Cambio de directiva: elección de presidente, tesoureiro e 3 vocais
  • rogos e preguntas

Prégase a asistencia de tódolos socios

01/01/2012

Cabalgata de Reis


O próximo 5 de Xaneiro terá lugar a tradicional cabalgata de reis no recinto da A.C. A Feira, chegando as súas maxestades ás 7 da tarde.

Posteriormente os reis magos visitarán o belén vivinte e escoitarán as peticións de regalos de tódolos nenos do barrio.

Para finalizar haberá unha actuación sorpresa protagonizada polos nenos do barrio.