1 de xan. de 2012

Cabalgata de Reis


O próximo 5 de Xaneiro terá lugar a tradicional cabalgata de reis no recinto da A.C. A Feira, chegando as súas maxestades ás 7 da tarde.

Posteriormente os reis magos visitarán o belén vivinte e escoitarán as peticións de regalos de tódolos nenos do barrio.

Para finalizar haberá unha actuación sorpresa protagonizada polos nenos do barrio.