13 de abr. de 2010

Máis Información sobre a ruta de sendeirismo

A ruta de sendeirismo que se vai realizar o próximo 24 de Abril vai a ser a seguinte:

PR-G 98: CANON DO SIL - SANTA CRISTINA


Esta rota transcorre por camiños e sendeiros, por paisaxes pretas dos pobos do entorno da capitalidade do concello de Parada de Sil, destacando os soutos de castiñeiros, as carballeiras, as viñas, os lameiros, os terreos de cultivo e hortas, os outeiros de uces e xestas, diversidade de árbores como os bidueiros, moroteiras (albedros), carballos.
E sobre todo os miradoiros sobre o Canón do Sil que son impresionantes O forno-sequeiro de Fondodevila, os muíños de Entreambosrios e Rabacallos e a destacar a arquitectura popular dos diferentes núcleos Rabacallos, Fondodevila, Sardela, Castro.
E o máis importante o Mosteiro de Santa Cristina unha xoia do románico do século XIII. da Ribeira Sacra

 
 







LONXITUDE DA RUTA:
Circular 17,1km.
2 bucles de 8.480m. e de 10.000m.( unión 650m.)
A ruta que se vai facer vai ser só o bucle NORTE, cun total de 10,5 Km.

Recorda que o prazo para apuntarse remata o domingo 18 de Abril

Evento en Facebook: http://www.facebook.com/home.php#!/event.php?eid=110405048981564

Información extraída de http://www.ribeirasacracm.org/base/galego/santacristina.html