19/12/2007

Rede Wifi



A Asociación vai poñer en marcha unha rede wifi en todo o barrio para que os veciños se poidan conectar ó ordenador do centro cultural e poidan consultar o arquivo fotográfico.
Os usuarios pagarán unha pequena cuota anual en concepto de mantemento da rede.
Os interesados neste proxecto poden apuntarse no taboleiro de anuncios do centro, ou ben mandar un correo electrónico a acafeira(a)gmail.com

O Venres 28 de decembro ás 21:00 h. teremos unha reunión cos interesados/as para debatir as condicións de uso.