05/03/2011

Historia do carnaval de Salceda


Nestas datas de entroido, convén facer un pouco de memoria, recordando as lonxanas orixes do noso carnaval, que ten as súas longas raíces afundidas no máis profundo da tradición secular nestas terras, na memoria dos ancestros dos habitantes deste pobo.
Patrimonio inmaterial feito de recordos, anécdotas e loitas dialécticas sin cuartel nin derramamento de sangue algún, pero encarnizadas coma as que máis, porque LEVÁMOLO NO SANCRE.
O carnaval é un sentimento que nos fai ser partícipes dun grupo de veciños unidos por unha ilusión común de conseguir as mellores festas, carrozas e comparsas. Que nos fai dar o mellor de cada un para acadar o obxectivo do triunfo sobre o rival.
O carnaval está con nós desde nenos. Pero moitos, moitos anos antes de nós nacer, o carnaval xa estaba aquí, nas historias que nos contaban os nosos avós, naquelas épicas batallas que nos narraban sobre clandestinas expionaxes nocturnas, sobre traxes de papel e carrozas montadas en bicicletas.
O carnaval forma parte de nós, pero tamén nos formamos parte del. Porque mentres nos queden forzas seguiremos adiante coa nosa tradición, aínda que só sexa por honrar a memoria dos nosos antepasados e seguir construindo as historias que lles contaremos ós nosos netos. E ver a súa cara de ilusión cando lles contemos aquelas vellas historias que estamos vivindo hoxe. Igualciño que cando os nosos avós no-las contaban a nós.

Dende o blog amigo OsDeSempre, recordemos como empezou todo, nunha época moi, moi lonxana:
http://osdesempresalceda.blogspot.com/2009/02/o-entroido-de-salceda-parte-1.html
http://osdesempresalceda.blogspot.com/2009/02/o-entroido-de-salceda-parte-2.html