23/12/2015

Asamblea Xeral Ordinaria

Convócase a tódolos socios á Asamblea ordinaria que se celebrará no salón de actos do centro o día SÁBADO 26 DE DECEMBRO DE 2015 ás 21:30 en 1ª convocatoria e ás 22:00 en 2ª convocatoria para tratar a seguinte orde do día:

  • Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
  • Estado de contas
  • Revisión do estado do servicio WIFI
  • Titularidade do terreo do campo de fútbol
  • Obras realizadas
  • Cambio de directiva: PRESIDENTE, TESOUREIRO e 3 VOCAIS
  • Baixas e altas de socios
  • Rogos e preguntas 

Dada a importancia dos temas a tratar solicítase a asistencia de t´dolos socios/as.