10 de out. de 2007

Un pouco de historia


Corría o ano 1956 cando os veciños do barrio da Feira, que conservaban un ancestral afán pola unión xa daquela mítico nestas terras, conseguiron co seu esforzo construir o primeiro edificio social.


Posteriormente, o edificio sufriu unha gran remodelación no ano 1970, gracias tamén á colaboración dos veciños. Na fachada deste local xa aparecía o escudo que hoxe é o noso símbolo.