11 de xuño de 2024

Fogueira de San Xoán

 O próximo sábado 22 de Xuño faremos a fogueira deste ano, xusto  un día antes da véspera de San Xoán.

Aproveitaremos a xornada para presentar a nova obra do noso grupo de teatro: Ratibróm

E na parte musical estaremos acomañados polo grupo de gaitas AIRIÑOS DO CASELAS.

Vinde comer unhas sardiñas e saltar a fogueira!

 



4 de xuño de 2024

Excursión dos Nenos a Marcelle Natureza

 


 

Este pasado domingo, os nenos da Asociación Cultural A Feira gozaron dunha emocionante excursión a Marcelle Naturaleza. Foi unha xornada chea de aprendizaxe e diversión, onde os máis pequenos puideron conectar co medio ambiente e descubrir  fauna local e foránea.


Un Parque para a Conservación e Educación Ambiental

Marcelle Naturaleza é un parque zoolóxico e centro de conservación que se atopa en Outeiro de Rei, na provincia de Lugo. Este parque ten como finalidade a conservación de especies, tanto autóctonas como exóticas, e a educación ambiental. O obxectivo principal é promover a conciencia ecolóxica e o respecto pola biodiversidade a través de actividades educativas e recreativas.

Os animais que se atopan no parque inténtanse reintroducir no seu hábitat sempre que sexa posible, por iso cada visita é diferente xa que van cambiando os exemplares expostos. 

 

A xornada comezou  coa saída en autobús desde o centro cultural. A viaxe estivo marcada pola escasa capacidade de retención de líquidos das criaturas, xa que houbo que facer nada menos que tres paradas antes de chegar a destino. 



 

Unha vez en Marcelle, fomos recibidos polos guías, que nos ofreceron unha pequena introdución sobre o parque e as especies que iamos coñecer.

 

 
Pola mañán fixemos un percorrido pla zona da reserva, onde os nenos puideron ver animáis no seu hábitat natural: xabaríns, canguros enanos, lobos, etc. Mentres atendían ás explicacións dos guías 
 


 
 

 
Despois tocou a pausa para a comida, con ambiente distendido e intercambio de impresións.



 
Pola tarde visitamos a zona de visita libre, sempre coas explicacións dos guías.



 


O percorrido polo parque foi unha experiencia divertida. Os nenos tiveron a oportunidade de ver de preto animais como lobos, linces, cervos, avestruces, e moitos outros. A diversidade de especies presentes no parque permite aos visitantes coñecer a fauna de diferentes partes do mundo. Ademais, os nenos estiveron moi participativos, facendo moitas preguntas ós guías, que axudaron a concienciar aos pequenos sobre a importancia de coidar o medio ambiente.


Unha Xornada de Convivencia

Unha vez reamatada a visita, puxemos rumbo á Feira, facendo unha parada para a merenda, , onde os nenos repuxeron forzas e vaciaron as vexigas para evitar máis paradas no camiño de regreso.

A excursión a Marcelle Naturaleza foi, sen dúbida, unha experiencia enriquecedora para todos os participantes. Actividades como esta reforzan o compromiso da Asociación Cultural A Feira coa educación ambiental e a promoción de actividades saudables ao aire libre para os máis pequenos.

Esperamos que todos os nenos levasen para casa moitos recordos felices e, sobre todo, unha maior conciencia sobre a importancia de protexer a nosa natureza. 

E se algo saliu mal, os responsables son esta panda:

 


Directiva 2024