2 de ago. de 2009

Fin do campionato de Volei-praia

Unha vez finalizado o campionato de volei-praia con grande éxito de crítica e público, os gañadores foron "Os Troncosos", seguidos por "Os Rabuñadores" en segundo lugar.

A continuación unha selección das imaxes do torneo:


























24 de xul. de 2009

calendario dos partidos de volei-praia que quedan por xogar

Jarabicha Beach - Rabuñadores


Sporting - A Cantina


luns 27
22.15H. TRONCOSOS-CANTINA
23.00H. JARABICHA BEACH- SPORTING

MARTES 28
22.15H. JARABICHA BEACH-TRONCOSOS
23.00H. EU QUE SEI- RABUÑADORES

MÉRCORES 29
22.15H. RABUÑADORES-TRONCOSOS
23.00H. PIRUBIAS CR9-CANTINA

XOVES 30
22.15H. EU QUE SEI-INDIGENAS
23.00H. PIRUBIAS CR9-SPORTING CACEROLAS FV

VENRES 31
22.15H. RABUÑADORES-PIRUBIAS CR9
23.00H. EU QUE SEI-TRONCOSOS

PROGRAMACION MES AGOSTO

EXCURSIÓN PARA NENOS:

Data: 29 de agosto
Saída: 8:30 h.
Destino: Parque natural Marcelle, en Lugo.
Prezo: fillos de socios 9 euros ( de 3 a 17 anos)
non socios 13 euros ( de 3 a 17 anos)
*o prezo inclue visita ó parque natural, e as actividades nos talleres de tiro con arco e
marionetas, éstas faranse en función das idades dos nenos.
*Compañía de monitores todo o día.
*Desplazamento en autobús.
Comida: os nenos deberán levar a comida para pasar o día.
Incripción: ata o 16 de agosto na A. C a Feria.
Imprescindible: pagar ó anotarse.

16 de xul. de 2009

Cambio de calendario no Volei Praia

Debido a problemas coa iluminación do campo o campeonato de volei-praia empezará o xoves 16 de Xullo.
Os partidos aplazados xogaranse os días 29, 30 e 31 de Xullo.

24 de xuño de 2009

PROGRAMACION MES XULLO

A directiva 2009 ten programada para o mes de xullo os seguintes actos.

-Domingo 12 de xullo comida dos socios, inscripción ata o 5 de xullo
menú carne ó caldeiro, pan, viño, café e postre.
precio para socios 8 euros.
-13 de xullo empeza o campionato de voleipraia,
o prazo de inscripción remata o vindeiro 8 de xullo.
os equipos teñen que ser mixtos.

19 de maio de 2009

PROGRAMACION XUÑO

A directiva 2009 ten programado para o mes de xuño os seguintes actos:

Sábado 13 ás 22.30 horas representación de monólogos, pola aula de teatro do concello de Salceda de Caselas, baixo o título "Pinchos picantes", non permitada a entrada a menores de 13 anos.
Martes 23 con motivo da celebración da noite de San Xoan, fogueira e sardiñada gratis para os socios.

16 de abr. de 2009

DIA DA NAI

Con motivo do Día da Nai, o vindeiro día 3 de maio,
queremos convidar a tódalas nais socias a disfrutar
dunha tarde de xogos no Centro Cultural.
Entregarémoslle a cada nai un agasallo.
Directiva 2009